Skip to content
Lindeiros

Lindeiros

Lindeiros, o xornal da bisbarra de Compostela e da súa capital,

Primary Menu
  • Xeral
  • Axenda
  • Concellos
  • Contacta
  • Compostela

VI Campionato Galego de  Tiraje de Cervexa no mercado La Galiciana

obradoiro-tiraje-cerveza-la-galiciana-slide-23-outubro-2018_r

Compostela, 23 de outubro do 2018 – O mercado La Galiciana acolleu o VI Campionato Galego de  Tiraje de Cervexa de Estrella Galicia coa presenza de xogadores do Monbus Obradoiro e o Cafés Candelas Breogán que encargáronse de entregar os premios.

20 hostaleiros das provincias de Lugo e Coruña reuníronse en La Galiciana para competir polo título de mellor tirador de cervexa. Con eles participaron os xogadores do  Monbus Obradoiro, Pepe Pozas e Andreas  Obst, que se encargaron de entregar acompañados dos xogadores do Cafés Candelas Breogán, Salva Arco e  Henk  Norel. Mentres os xuíces tomaban a decisión de quen sería o gañador, os xogadores testaron ante todo o público as súas habilidades fronte as billas de Estrella Galicia. Andreas  Obst e  Henk  Norel fixeron entrega, en primeiro lugar, do premio ao subcampión do VI Campionato de  Tiraje de Cervexa Estrella Galicia a Daniel José Castro  Arelas. Os capitáns de cada equipo, Pepe Pozas e Salva Arco, foron os encargados de entregar o primeiro premio a Laura Martínez Jiménez.

O evento serviu tamén como punto de partida moi especial para o baloncesto galego xa que o sábado, as seis da tarde en Lugo, disputarase o primeiro derbi galego na Liga Endesa entre o Obradoiro e o Breogán. Pepe Pozas e Andreas  Obst atenderon aos medios de comunicación antes de concluír o evento e o capitán  obradoirista confesou que a experiencia tirando canas “foi moi boa e divertida e, ademais, aprendemos a tirar unha cana correctamente”. Sobre o seu rival, Pozas asegurou que “tiveron unha pretemporada problemática con lesións, as Xanelas  FIBA, etc. Creo que teñen un equipo moi compacto, con xente que leva tempo xogando xuntos desde hai anos e reforzouse con fichaxes que estou seguro de que cando estean mellor fisicamente, faralles ter un nivel alto na liga”.

Pola súa banda, Andreas  Obst explicou que “acabamos de xogar contra o Real Madrid e aínda non tivemos moito tempo de falar do seguinte rival, pero este sábado sabemos que é o derbi galego e será un encontro especial polo que significa para o baloncesto galego”.

Post navigation

Previous: O Real Madrid foi un muro infranqueable para o Monbus Obradoiro
Next: Reclaman a modificación do IBI en O Pino, aprobada en pleno no 2017

Máis novas

compostela feiito a man 4 agosto 2026
4 minutes read
  • Axenda

Comeza o XXIII edición do Feito a Man

compostela festival c 4 agosto 2026
3 minutes read
  • Axenda

O Festival C enche Compostela

compostela centro mercadprias 31 xullo 2026
6 minutes read
  • Compostela

Nova etapa en Compostela na distribución de mercadorías

compostela demandantes de vivenda 24 outubro 2018_slide
8 minutes read
  • Xeral

Compostela xa é unha zona de mercado residencial tensionado

compostela-concerto-real-filharmonia-normal-16-xullo-2019-(2)_r
3 minutes read
  • Xeral

“CANTAMOS!” coa Real Filharmonía

compostela troca e retocra 29 xullo 2026
4 minutes read
  • Xeral

Compostela terá un banco de recursos para a infancia

outono codax 2026
4 minutes read
  • Xeral

Mirando cara o Outono Códax Fest

Un dos taxis que se usan en Santtiago
3 minutes read
  • Xeral

Concurso para outorgar licencias de taxi en Santiago

Etiquetas

25N (53) alcaldes (78) asociacións e fundacións (2084) Ciencia (115) Comercio e empresa (662) Coronavirus (278) Crechas (38) Cultura (2787) Curtocircuito (40) Deportes (749) Economía (449) Educación (771) eleccions (44) Emprego (241) Entroido (42) Festas e Feiras (619) Festivais (835) Galego (143) Institucións (1430) lixo (88) Mancomunidade de Ordes (45) Mandingo (92) Medio Ambiente (1618) muller (187) Nadal (200) Obradoiro Cab (79) o máis lido da semana (55) Patrimonio (816) Plataforma Casalonga limpa de residuos (81) Plataforma Veciñal Mina Touro O Pino NON (42) Plenos (730) Politica (942) saúde (529) Servizos (2682) sindicatos (109) Social (561) sucesos (130) Tabernalia (184) Tecnoloxía (46) Transporte e estradas (694) Turismo (222) Universidade (582) urbanismo (264) xuntas de goberno (37) Xustiza (120)
  • Facebook
  • X
  • Instagram
  • BSky
  • Youtube
  • Whatsapp
Copyright © 2026 All rights reserved. | MoreNews by AF themes.

We use our own and third-party cookies to ensure the website works properly, measure usage, and improve our services. You can accept all cookies, reject non-essential cookies, or configure your preferences. Cookie policy

Configure cookies

Required for the website to work correctly. They cannot be disabled from this panel.

Help measure site usage and improve its content.

Allow advertising, campaign measurement, or ad personalization.

Store preferences or enable non-essential external content.