Skip to content
Lindeiros

Lindeiros

Lindeiros, o xornal da bisbarra de Compostela e da súa capital,

Primary Menu
  • Xeral
  • Axenda
  • Concellos
  • Contacta
  • Lousame
  • Xeral

Verdegaia leva o caso da mina de San Fins ante a  ONU

Verdegaia presenta unha denuncia contra España por vulneración de acceso á xustiza ambiental no caso da mina de San Fins en Lousame.
asociacion-tralapena-san-fins-slide-29-xullo-2020_r

Bisbarra, 29 de xullo do 2022 – O colectivo ecoloxista Verdegaia presenta unha denuncia contra España por vulneración de acceso á xustiza ambiental no caso da mina de San Fins en Lousame.

Verdegaia presentou a denuncia en Xenebra ante o Comité de Cumprimento da Convención de Aarhus. Os ecoloxistas expoñen o que denominan “círculo de impunidade” xudicial creado por volta de todo o que acontece nesta mina e dos altos cargos que o permiten.

A Asociación basea a denuncia en que diversas instancias xudiciais “impediron a investigación de feitos presuntamente delitivos relacionados coa mina de San Fins”. Poñen como exemplos as verteduras de metais pesados que afectan á ría de Muros Noia, ou as decisións da Xunta de non someter o proxecto á preceptiva avaliación de impacto ambiental.

Verdegaia explica nun comunicado que a Convención de Aarhus consagra o dereito de acceso á xustiza ambiental. Ao mesmo tempo a Convención Europea dos Dereitos Humanos establece que os feitos de natureza delituosa que se denuncian deben ser debidamente investigados, o que, segundo a denuncia, non está a acontecer no caso da Mina de San Fins.

A investigación dos feitos, segundo a denuncia, é presuntamente impedida polo sistema xudicial. Diversos autos da Audiencia Provincial da Coruña e dos Xulgados “xustificaron a negativa de investigar diversos delitos relacionados coas minas de San Fins por un sobresemento provisional que se dera nun procedemento previo, no que o ex-director xeral de Enerxía e Minas Ángel Bernardo Tahoces fora chamado a declarar esgotado o prazo de instrución”.

Aínda que os feitos denunciados non gardan relación algunha coa imputación e sobresemento por motivos procesuais do ex-alto cargo, Verdegaia alega que as decisións xudiciais están creando un círculo de impunidade xeral respecto aos delitos que gardan relación con esta mina, o que é totalmente contrario ao ordenamento xurídico.

Os ecoloxistas engaden que esto motivou que a comezos de 2021 Verdegaia presentase recurso de amparo ante o Tribunal Constitucional, como paso previo a Estrasburgo, onde a asociación ecoloxista xa interpuxo unha demanda contra España ante o Tribunal Europeo de Dereitos Humanos.

A esta situación súmanse as repetidas tentativas de expulsar a Verdegaia dos procedementos penais, primeiro denegándolle a asistencia xurídica gratuíta e agora, impóndolle unha fianza de 3.000 euros para poder continuar como acusación popular contra o ex-director xeral de enerxía e minas e outros funcionarios da Xunta investigados por delitos de falsedade en documento público. Para Verdegaia, é significativo que estas negativas xudiciais a investigar os feitos presuntamente delituosos que se dan en San Fins cheguen cando a Comisión Europea anuncia unha nova Directiva para a protección ambiental mediante o dereito penal, logo de comprobar como durante a última década o número de delitos ambientais investigados con éxito e implicando condenas foron insignificantes en comparación coas vulneracións cometidas. Con esta acción, Verdegaia espera deixar claro que o principio de “quen contamina paga” tamén debe ser certo no ámbito penal.

Post navigation

Previous: Oroso elimina a taxa de renovación nos servizos educativos complementarios
Next: Homenaxe en Teo a Ánxel Casal e a Avelino Pousa

Máis novas

U dos novos autobuses do transporte urbvano de Santiago coa nova imaxe que terán
1 minute read
  • Xeral

Desbloqueado o novo transporte urbano de Compostela

NOGA, colectivo de narración oral galega, traballa baixo o lema “Somos o que contamos”
3 minutes read
  • Xeral

Xornadas sobre narración galega en Padrón

Compostela-semana-patrimonio-invisible_131352-slide_r
7 minutes read
  • Axenda

Descubrindo o patrimonio de Compostela

Casa Consistrorial de brion
3 minutes read
  • Brión

Denuncian os prexuízos dos cambios no Bono Concilia

estrada Santiago a Portodemouros
2 minutes read
  • Xeral

A Deputación licita a mellora da estrada de Santiago a Portomouro

Melide asina convenio coa asociacion Melisa
4 minutes read
  • Xeral

Melide e a asociación MeLiSA facilitan o acceso á tecnoloxía

Actos vandálicos na Casa da Mina de Santa Comba
3 minutes read
  • Santa Comba

Actos vandálicos na Casa da Mina de Santa Comba

O concello organiza un curso para incorporarse á cociña colaborativa do coworking
2 minutes read
  • Axenda

“Transformando en Brión” convoca un curso de formación

Etiquetas

25N (53) alcaldes (78) asociacións e fundacións (2084) Ciencia (115) Comercio e empresa (663) Coronavirus (278) Crechas (38) Cultura (2792) Curtocircuito (40) Deportes (749) Economía (449) Educación (772) eleccions (44) Emprego (241) Entroido (42) Festas e Feiras (619) Festivais (836) Galego (145) Institucións (1432) lixo (88) Mancomunidade de Ordes (45) Mandingo (92) Medio Ambiente (1618) muller (187) Nadal (200) Obradoiro Cab (79) o máis lido da semana (55) Patrimonio (817) Plataforma Casalonga limpa de residuos (81) Plataforma Veciñal Mina Touro O Pino NON (42) Plenos (730) Politica (942) saúde (529) Servizos (2685) sindicatos (109) Social (563) sucesos (131) Tabernalia (184) Tecnoloxía (46) Transporte e estradas (696) Turismo (222) Universidade (582) urbanismo (264) xuntas de goberno (37) Xustiza (120)
  • Facebook
  • X
  • Instagram
  • BSky
  • Youtube
  • Whatsapp
Copyright © 2026 All rights reserved. | MoreNews by AF themes.

We use our own and third-party cookies to ensure the website works properly, measure usage, and improve our services. You can accept all cookies, reject non-essential cookies, or configure your preferences. Cookie policy

Configure cookies

Required for the website to work correctly. They cannot be disabled from this panel.

Help measure site usage and improve its content.

Allow advertising, campaign measurement, or ad personalization.

Store preferences or enable non-essential external content.