займ срочно

Verbas con… Fran Nuñez, director do Centro Dramático Galego

0

Verbas con…, 26 de abril do 2022 – Hai uns días falabamos con Fran Nuñez, director do Centro Dramático Galego. O responsable do CDG chegou ás oficinas do Salón Teatro en xaneiro do 2020 polo que calquera planificación de traballo viuse abaixo dous meses despois.

Cos aforos recuperados e os últimos espectáculos do CDG sendo un éxito de publico conversamos con Fran Nuñez sobre o CDG, sobre o teatro e sobre el mesmo.

Leva a escea moi dentro, tanto que recoñece que non pode escapar dela aínda que queira. As lembranzas da infancia están asociadas ás noites nas que xogaba ao carón do escenario mesmo antes de subirse a el.

A xente do teatro sempre é crítica, co propio, co alleo e con todo en xeral. Esa actitude pode que fora a que en tempos pasados levou ao Centro Dramático Galego a ser centro de polémicas. Son momentos que quedan moi atrás no tempo xa que os últimos directores conseguiron unha estabilidade que Fran Nuñez segue reforzando.

Ese traballo continuado dou como resultado o momento que vive o CDG. As últimas representacións, “ O charco de Ulises” “A Peste” ou “as oito da tarde, cando morren as nais” no Salón Teatro ata o 1 de maio, tiveron un absoluto éxito de público. O Centro Dramático conseguiu ademais unir a todo o sector nun concurso de proxectos que suxire un futuro aínda mellor.

A compañía ademais creceu nos últimos anos fora de Galicia. As colaboracións con Portugal deron como resultado un agasallo moi especial xa que Galicia será territorio convidado no Festival de Almagro o vindeiro mes de xullo. Un bo feixe de producións galegas pasarán por un dos mellores eventos de teatro clásico de toda Europa

Como di Fran Nuñez as sementes van dado os seus froitos. A internacionalización é un deles, as colaboracións en Latinoamericana e en Asia son unha oportunidade, as veces incluso sorprendente cando un escoita que unha compañía galega e unha turca traballaran xuntas proximamente

Fran Nuñez goza do que fai e iso o transmite na conversa. O esforzo realizado no comezo da súa dirección dou como froito conversas con 60 concellos xusto antes do confinamento, un traballo que serviu de moito nos dous anos seguintes e que da mostra tamén do seu carácter. O Centro Dramático Galego e o mascarón de proa do teatro galego, un sector que vive un dos seus mellores momentos sen deixar de laiarse un pouco como ten que ser.

Podes escoitar a entrevista completa aqui

Share.

Comments are closed.

Uso de cookies

Este sitio web utiliza cookies para que usted tenga la mejor experiencia de usuario. Si continúa navegando está dando su consentimiento para la aceptación de las mencionadas cookies y la aceptación de nuestra política de cookies, pinche el enlace para mayor información.plugin cookies

ACEPTAR
Aviso de cookies