займ срочно

Vedra recolleu no 2019 máis de 15.000 kilos de roupa usada

0

Vedra, 1 de abril do 2020 – O concello de Vedra recolleu ao longo do pasado ano máis de 15.000 kilos de roupa usada nos colectores habilitados polas ONG Humana e Arroupa.

Esta cantidade supón a recollida de máis de 20.000 prendas. A reciclaxe e reutilización do téxtil é unha ferramenta fundamental contra o cambio climático. A Unión Europea calcula que por cada quilo de roupa recuperada e non incinerada déixanse de emitir 3.169 Kg. de CO2 á atmósfera.

Vedra recolleu no 2019 máis de 15.000 kilos de roupa usada

Imaxe de Free-Photos en Pixabay 

A recollida de roupa é, por outra banda, un motor de emprego en ambas as dúas empresas, Humana e Arroupa. Humana leva 30 anos implicada en programas de desenrolo en paises do cono sur; alí aporta financiación xunto a axentes locais para a formación de mestres, o desenvolvemento da agricultura ou a loita contra o VIH. Arroupa, pola súa banda, é unha empresa de inserción laboral posta en marcha por Cáritas Diocesana de Santiago e que desde o seu nacemento xerou máis de 20 postos de traballo e ten xa unha tenda aberta ao público na cidade.

Tanto Humana como Arroupa teñen contedores de roupa nos principais núcleos de poboación de Vedra. Ao longo do 2019 Humana recolleu 5.577 kilos e Arroupa un total de 9.611.

Con estes dous convenios de colaboración Vedra anticípase a noramtiva europea que obriga a que no ano 2025 todos os concellos teñan separada a recollida de residuo téxtil.

 

 

Share.

Comments are closed.

Uso de cookies

Este sitio web utiliza cookies para que usted tenga la mejor experiencia de usuario. Si continúa navegando está dando su consentimiento para la aceptación de las mencionadas cookies y la aceptación de nuestra política de cookies, pinche el enlace para mayor información.plugin cookies

ACEPTAR
Aviso de cookies