займ срочно

Escalada nocturna e piragua na fin de semana de Vedra

0

Vedra, 9 de xullo do 2020 – O concello de Vedra continúa co pasatempo de verán, un programa de actividades que vai da mañá ata a noite e que trae interesantes novidades na fin de semana.

Este venres a cita será pola noite e precisarase de bos brazos. Vedra organiza unha escalada nocturna en Ponte Ulla. A cita comezará as nove da noite e o custo será de 18 euros.

Xa o sábado as piraguas serán as protagonistas cunha ruta polo Ulla. Trátase dunha actividade que se repite anualmente e que no 2020, pola crise do Covid19, só conta con 30 prazas. A cita comeza as dez da mañá e o prezo é tamén de 18 euros.

Todas as inscricións as tedes que facer na web do concello de Vedra. Tedes máis información nos teléfonos 669450804 e 981814691.

Share.

Comments are closed.

Uso de cookies

Este sitio web utiliza cookies para que usted tenga la mejor experiencia de usuario. Si continúa navegando está dando su consentimiento para la aceptación de las mencionadas cookies y la aceptación de nuestra política de cookies, pinche el enlace para mayor información.plugin cookies

ACEPTAR
Aviso de cookies