займ срочно

Vedra impulsa o concello con Próxima Estación

0

Vedra 13 de decembro do 2018 – Desde este venres ata o domingo o concello de Vedra acolle o evento Próxima Estación, unha mostra do emprendemento do concello.

A vella estación de ferrocarril de Vedra recibe un novo impulso e desde hai tempo funciona como laboratorio de ideas e empredemento. Un vagón de tren restaurado e acondicionado complementa o edificio principal. A iniciativa busca visibilizar os proxectos e emprendedores que se asentan no rural.

Próxima Estación non se limita a unha simple exposición, senón que pretende ser un motivo de xuntanza e interacción para todos os habitantes da contorna, onde poderán asistir de balde ó evento e disfrutar das actividades de todo tipo que se organizan: Foodtrucks, actividades infantís, obradoiros interactivos, actuacións, mostras de negocio, charlas sobre diferentes temas… e algunha que outra sorpresa…

Programa completo

[tabs]
[tab title=”14 Decembro”]20:00 Acto inaugural: Presentación YouthNestCrea
Programa Erasmus+. Charla inaugural: “Como emprender en 32 grados” Modesto Gómez Rodríguez.
Mesa redonda sobre experiencias creativas
Mochi Maceira: especialista en crear marca.
Charo López Atelier: obradoiro de sombrerería.
Antón Vázquez: integrante do grupo Aeroespacial da Universidade de Vigo e cofundador de Alén Space.
Pepe Albela: empresario da marca Galician Original Drinks, laboratorio de ideas.
Degustación de produtos locais
[/tab]
[tab title=”15 Decembro”]11:30 Obradoiro de teatro infantil Cristina Collazo
12:00 “BoNadal” • Lupe G. Cabal
12:30 “Como facer un libro de artista” • Israel Jiménez Medina
“Construción de cúpulas xeodésicas con impresora 3D” Profesor Fou
13:00 Crecemento persoal no ámbito laboral (emprendedor) Dimas Suárez
13:30 Sesión vermú con produtos locais e actuación musical +Son
16:00 “Unha porta a Europa: Oportunidades para a mobilidade” Fernando Rodríguez
16:30 “A arte de crear valor de marca: tácticas de guerrilla para mellorar a túa marca e facela máis competitiva” Mochi Maceira
17:30 Iniciación á Cerámica Artística: Creamos con barro Alba Rodríguez
“Proxectos Open Source e introdución ás tendas online” Profesor Fou
18:30 “Elaboración de fermentados e xerminados na alimentación” • Pura Seoane e Concepción Docampo
19:30 Presentación do proxecto LAV:mov
Degustación do 1° premio Vedra de Tapas 2018 • Croquetas de Polbo á feira – Bar Barreiro
Cata do licor Doctor Zas Galician Original Drinks: Laboratorio de ideas Música en vivo e creación dun graffiti • Marcos Guitián (compositor) e Marcos Nodar (artista)
20:30 Concertos
Okeoh! e Pintegha
[/tab]
[tab title=”16 Decembro”]11:30 “Xabóns naturais Eva María Castiñeiras Rico
Obradoiro: “Debullando a Vedra na que queres vivir” • Albert Fontenla
12:00 “Decoración de Nadal” Ma Carmen Gaiteiro Moure
Ruta interpretativa pola contorna GEO (Galicia, Eventos e Ocio)
12:30 Crecemento persoal no ámbito laboral (empregado) Dimas Suárez
13:00 Obradoiro: “Debullando a Vedra na que queres vivir” Alberto Fontenla
Visita polo entorno da estación • Fermín Blanco
13:30 Didáctica do proxecto “Repensando a Escola” Fermín Blanco 14:00 Sesión vermú con produtos locais e actuación musical • Rivadulla Sax
16:00 Iniciación ao bordado ao aire María Lobato
“Emulando a Luís Seoane” lsa Albela
Iniciación á escultura Delio Sánchez
17:00 Presentación do libro “Els vals de las hormigas” Ana Valín García Retoque fotográfico dixital con móbil Pedro Maceira
17:30 Presentación do documental: Vedra, un río de vida
18:00 Obradoiro de luz Asociación Papaventos
19:00 Presentación de Artekille, proxección audiovisual Marisa Otero
19:30 Degustación do 2° premio Vedra de Tapas 2018 Larpeirada Mariñeira – 0 Fogar do Avó
20:00 Clausura
[/tab]
[/tabs]

Share.

Comments are closed.

Uso de cookies

Este sitio web utiliza cookies para que usted tenga la mejor experiencia de usuario. Si continúa navegando está dando su consentimiento para la aceptación de las mencionadas cookies y la aceptación de nuestra política de cookies, pinche el enlace para mayor información.plugin cookies

ACEPTAR
Aviso de cookies