Skip to content
Lindeiros

Lindeiros

Lindeiros, o xornal da bisbarra de Compostela e da súa capital,

Primary Menu
  • Xeral
  • Axenda
  • Concellos
  • Contacta
  • Axenda
  • Vedra
  • Xeral

A Festa do Viño da Ulla cumpre 42 anos

A XLII Festa do Viño da Ulla foi presentada o pasado venres no edificio Fontán da Cidade da Cultura e celebrarase os vindeiros 13 e 14 de abril.
Vedra-presentacion-da-Festa-do-Vinho-da-Ulla-slide-8-abril-2024_121121_r

Bisbarra, 8 de abril do 2024 – A XLII Festa do Viño da Ulla foi presentada o pasado venres no edificio Fontán da Cidade da Cultura e celebrarase os vindeiros 13 e 14 de abril.

A parroquia de San Miguel de Sarandón, en Vedra, acollerá un ano máis a Festa do Viño da Ulla coa intención de converterse en Festa de Interese Turístico de Galicia. A comisión organizadora e o concello de Vedra deron conta das novidades desta XLII Festa do Viño da Ulla. Ademais das actividades desa fin de semana a Festa do Viño da Ulla leva aparelladas as Xornadas Técnicas sobre a Cultura do Viño que se celebraran do 10 ao 12 de abril.

O sábado 13 terá lugar a II ruta de coches antigos e o domingo 14 a II ruta moteira ambas percorreran boa parte dos viñedos da Subzona Ribeira do Ulla. En ambos os dous casos visitarase unha adega e haberá unha cata degustación. As inscricións serán ao prezo de 5 euros persoa e as prazas son limitadas e a inscrición cerrarase o martes día 9 as 22,00 horas.

A Festa terá ademais actividades de éxito xa recoñecido en anteriores edicións, como a cata concurso que este ano vai pola súa VI edición , que se celebrará o sábado e entregará os premios o domingo.

A tarde do sábado 13 a partir das 18:00 h. abrirá as súas portas a mostra de viños na que participan 12 adegas. Logo chegarán as actuacións de música tradicional, Charanga e a actuación do grupo de danza urbana mesturada con muiñeira Lil-Kids, gañadores do programa de televisión GOT TALENT 2023 .

Pola noite a partir das nove haberá sesión de disco-movil e a partires das dez e media actuará a recoñecida orquestra París de Noia, pa rematar a noite de novo con disco-movil. O domingo terá lugar a entrega dos premios da VI Cata concurso e o tradicional nomeamento de novos membros da Orde dos Amigos/as do Viño da Ulla.

O pregón este ano correrá a cargo do presentador do programa da TVG “A Voltas co Prato” Fran Cañotas. Finalmente as actuacións ao longo de todo o día Charanga, Grupo O Fiadeiro e xa no serán tocaralles a quenda a Festicultores Troupe, Rebeldia e rematando co concerto de Familia Caamagno.

Post navigation

Previous: A xestión pública da auga de Ames xa é unha realidade
Next: Compostela modificará a relación de postos de traballo, RPT, do concello

Máis novas

no adscritas sabugueir labacollla 9 de outubro do 2026
6 minutes read
  • Xeral

Críticas ao PIA de Sabugueira, en Compostela

composyela transitos fest 9 outubro 2026
4 minutes read
  • Xeral

Tránsitos Fest

USC LEGO SERIOUS PLAT 8 DE OUTUBRO DO 2026 (1)
2 minutes read
  • Xeral

Emprender xogando con Lego e a USC

AMES CONTRATO DE MANTEMENTO DE LUMINARIAS 8 DE OUTURBRO DO 2026
4 minutes read
  • Xeral

Ames presenta o novo servizo de mantemento do alumeado público

compostela reapertura museo de maxia 18 novembro 2025 (1)
3 minutes read
  • Xeral

O Museo da Maxia de Galicia crea unha Escola de Maxia 

brion orzamento 07 outubro 20026
3 minutes read
  • Brión

Brión quere aprobar hoxe o orzamento máis alto da súa historia

touro visitas patrimnio slide 7 outubro 2026
2 minutes read
  • Xeral

Touro descobre o seu patrimonio oculto

amea maxia sñide 7 outubro 2026
6 minutes read
  • Xeral

XXI Festival Internacional de Maxia de Ames

Etiquetas

25N (53) alcaldes (78) asociacións e fundacións (2085) Ciencia (115) Comercio e empresa (665) Coronavirus (278) Crechas (38) Cultura (2818) Curtocircuito (40) Deportes (750) Economía (450) Educación (777) eleccions (48) Emprego (244) Entroido (42) Festas e Feiras (622) Festivais (837) Galego (146) Institucións (1439) lixo (88) Mancomunidade de Ordes (45) Mandingo (92) Medio Ambiente (1622) muller (187) Nadal (200) Obradoiro Cab (79) o máis lido da semana (55) Patrimonio (824) Plataforma Casalonga limpa de residuos (81) Plataforma Veciñal Mina Touro O Pino NON (42) Plenos (736) Politica (949) saúde (533) Servizos (2699) sindicatos (109) Social (563) sucesos (133) Tabernalia (184) Tecnoloxía (46) Transporte e estradas (702) Turismo (223) Universidade (586) urbanismo (264) xuntas de goberno (37) Xustiza (120)
  • Facebook
  • X
  • Instagram
  • BSky
  • Youtube
  • Whatsapp
Copyright © 2026 All rights reserved. | MoreNews by AF themes.

We use our own and third-party cookies to ensure the website works properly, measure usage, and improve our services. You can accept all cookies, reject non-essential cookies, or configure your preferences. Cookie policy

Configure cookies

Required for the website to work correctly. They cannot be disabled from this panel.

Help measure site usage and improve its content.

Allow advertising, campaign measurement, or ad personalization.

Store preferences or enable non-essential external content.