Skip to content
Lindeiros

Lindeiros

Lindeiros, o xornal da bisbarra de Compostela e da súa capital,

Primary Menu
  • Xeral
  • Axenda
  • Concellos
  • Contacta
  • Vedra
  • Xeral

Mellora na seguridade viaria de Vedra

A Deputación da Coruña vén de adxudicar a mellora na seguridade viaria en varios tramos de estradas provinciais no concello de Vedra.
deputacion-arranxo-estradas-en-vedra-slide-14-marzo-2024_r

Bisbarra, 14 de marzo do 2024 – A Deputación da Coruña vén de adxudicar a mellora na seguridade viaria en varios tramos de estradas provinciais no concello de Vedra.

O investimento alcanza os 252.199,09 euros. Por unha banda traballarase na DP-1202, nun tramo que vai desde o velódromo ata o cruce que leva á igrexa de Vedra. Por outra parte actuarase na  DP-8203 na zona que pasa por diante do concello ata o enlace coa rúa que vai ao velódromo e tamén na zona de San Xián de Sales.

O obxectivo destas actuacións é garantir a seguridade peonil nos tres tramos. En primeiro lugar, incrementarase a sinalización tanto vertical como horizontal. Aplicaranse bandas transversais de alerta e novos pasos de peóns, e colocaranse novos sinais verticais, tanto de perigo para advertir da presenza de viandantes como de velocidade máxima de circulación.

No caso de San Xián de Sales crearanse, na marxe esquerda da estrada, unha senda peonil e unha zona de aparcadoiro en liña. A senda estará ao mesmo nivel, cunha separación do estacionamento mediante delimitadores de caucho reciclado. Debido a que será necesario realizar un movemento de terras para gañar espazo suficiente, construirase un muro de contención para que se sosteña o terreo.

Post navigation

Previous: De Lugares e Órganos volve a Compostela desde o 24
Next: O TSXG céntrase no medioambiente na paralización de proxectos eólicos

Máis novas

bisbarra eleccions e lista 14 outubro 2026
4 minutes read
  • Xeral

Municipais 2027: tambores de eleccións, os partidos moven fichas

frades oroso obra enlace 14 outubro 2026 (3)
3 minutes read
  • Xeral

Frades e Oroso arranxan a estrada de O Fontelo a A Igrexa

no adscritas sabugueir labacollla 9 de outubro do 2026
6 minutes read
  • Xeral

Críticas ao PIA de Sabugueira, en Compostela

composyela transitos fest 9 outubro 2026
4 minutes read
  • Xeral

Tránsitos Fest

USC LEGO SERIOUS PLAT 8 DE OUTUBRO DO 2026 (1)
2 minutes read
  • Xeral

Emprender xogando con Lego e a USC

AMES CONTRATO DE MANTEMENTO DE LUMINARIAS 8 DE OUTURBRO DO 2026
4 minutes read
  • Xeral

Ames presenta o novo servizo de mantemento do alumeado público

compostela reapertura museo de maxia 18 novembro 2025 (1)
3 minutes read
  • Xeral

O Museo da Maxia de Galicia crea unha Escola de Maxia 

brion orzamento 07 outubro 20026
3 minutes read
  • Brión

Brión quere aprobar hoxe o orzamento máis alto da súa historia

Etiquetas

25N (53) alcaldes (78) asociacións e fundacións (2085) Ciencia (115) Comercio e empresa (665) Coronavirus (278) Crechas (38) Cultura (2818) Curtocircuito (40) Deportes (750) Economía (450) Educación (777) eleccions (49) Emprego (244) Entroido (42) Festas e Feiras (622) Festivais (837) Galego (146) Institucións (1439) lixo (88) Mancomunidade de Ordes (45) Mandingo (92) Medio Ambiente (1622) muller (187) Nadal (200) Obradoiro Cab (79) o máis lido da semana (55) Patrimonio (824) Plataforma Casalonga limpa de residuos (81) Plataforma Veciñal Mina Touro O Pino NON (42) Plenos (736) Politica (950) saúde (533) Servizos (2699) sindicatos (109) Social (563) sucesos (133) Tabernalia (184) Tecnoloxía (46) Transporte e estradas (703) Turismo (223) Universidade (586) urbanismo (264) xuntas de goberno (37) Xustiza (120)
  • Facebook
  • X
  • Instagram
  • BSky
  • Youtube
  • Whatsapp
Copyright © 2026 All rights reserved. | MoreNews by AF themes.

We use our own and third-party cookies to ensure the website works properly, measure usage, and improve our services. You can accept all cookies, reject non-essential cookies, or configure your preferences. Cookie policy

Configure cookies

Required for the website to work correctly. They cannot be disabled from this panel.

Help measure site usage and improve its content.

Allow advertising, campaign measurement, or ad personalization.

Store preferences or enable non-essential external content.