Skip to content
Lindeiros

Lindeiros

Lindeiros, o xornal da bisbarra de Compostela e da súa capital,

Primary Menu
  • Xeral
  • Axenda
  • Concellos
  • Contacta
  • Axenda
  • Vedra
  • Xeral

Vedra inicia as inscricións nas actividades culturais e deportivas

O próximo luns, día 2, o concello de Vedra abre a inscrición nas actividades culturais e deportivas, unha programación que comezará en outubro e durará os próximos nove meses.
vedra-escolas-deportivas-slide-2-setembro-2019_r

Table of Contents

Toggle
  • Vedra, 2 de setembro do 2019 – O próximo luns, día 2, o concello de Vedra abre a inscrición nas actividades culturais e deportivas, unha programación que comezará en outubro e durará os próximos nove meses.
    • Ensinanzas diversas.
    • Deportes.
    • Xornadas de portas abertas.

Vedra, 2 de setembro do 2019 – O próximo luns, día 2, o concello de Vedra abre a inscrición nas actividades culturais e deportivas, unha programación que comezará en outubro e durará os próximos nove meses.

Vedra é un dos concellos da bisbarra cunha actividade cultural e deportiva máis intensa. Carreiras como a de Gundián, ciclos de teatro como Teatrofilia ou xornadas como as da Camelia dan mostra do traballo asociativo e do apoio municipal. Parte de esa vida son os obradoiros e escolas que, para persoas adultas e cativada, abren cada setembro a súa inscrición.

Ensinanzas diversas.

Organizadas polo concello, ou polas asociacións, a veciñanza poderá este ano asistir a clases de inglés, pintura, costura ou bolillos; iniciarse no baile tradicional, ou comezar a tocar a pandeireta, o acordeón; incluso ir un paso máis alá e comezar na escola da Banda de Música de Santa Cruz.

Deportes.

Os deportes serán tamén parte importante da programación 2019/2020. Na cúspide o Club Olímpico de Vedra que combinará os adestramentos de base cos de tecnificación, traballando na piscina climatizada de Teo e nas pistas polideportivas do propio concello.

karate, ximnasia rítmica, baloncesto, bádminton, patinaxe, ioga, aerobic, ou pilates son algunhas das disciplinas que se impartirán.

Os maiores terán tamén a oportunidade de manterse en forma con ximnasia terapéutica terceira idade e ximnasia +60. Como último punto, e non menos importante, das actividades deportivas estará a  ximnasia para persoas con diversidade mental.

Este ano ademais incorporase a disciplina de running, que seguro que terá moita aceptación, e continúase organizando a liga e a copa de fútbol sala na que poden participar ata 16 equipos.

Xornadas de portas abertas.

Algunhas das actividades celebrarán xornadas de portas abertas co fin de que os interesados poidan probar e coñecer, sen compromiso, a actividade. Os obradoiros terán que ter un mínimo de 8 persoas inscritas para poñerse en marcha e terán os descansos habituais do calendario escolar.

Toda a información pódese atopar na web do concello www.concellodevedra.com .Tamén se poden realizar consultas ou solicitar información no teléfono 981 814 691 e no correo electrónico cultura@concellodevedra.com .

Post navigation

Previous: O FC Meigas comeza os actos de conmemoración do seu 15 aniversario
Next: A VIII edición das carreiras saudables CorreSan comeza o próximo día 21

Máis novas

compostela feiito a man 4 agosto 2026
4 minutes read
  • Axenda

Comeza o XXIII edición do Feito a Man

compostela festival c 4 agosto 2026
3 minutes read
  • Axenda

O Festival C enche Compostela

TOURO VEST VERA 1 AGOSTO 2026
2 minutes read
  • Xeral

Noites no Ulla, a edición de verán de Ulla Fest

Ponte de San Lázaro Noia
2 minutes read
  • Xeral

Noia renovará a ponte peonil de San Lázaro

compostela centro mercadprias 31 xullo 2026
6 minutes read
  • Compostela

Nova etapa en Compostela na distribución de mercadorías

frades pleno xullo 31 xullo 2026
4 minutes read
  • Frades

Frades destina 95.000 euros de fondos propios a mellora de pistas

teo pleno extraordinario sobre o concello slide 1 setembro 2025.jpeg
3 minutes read
  • Teo

Teo aproba definitivamente os cambios no PXOM

compostela demandantes de vivenda 24 outubro 2018_slide
8 minutes read
  • Xeral

Compostela xa é unha zona de mercado residencial tensionado

Etiquetas

25N (53) alcaldes (78) asociacións e fundacións (2084) Ciencia (115) Comercio e empresa (662) Coronavirus (278) Crechas (38) Cultura (2787) Curtocircuito (40) Deportes (749) Economía (449) Educación (771) eleccions (44) Emprego (241) Entroido (42) Festas e Feiras (619) Festivais (835) Galego (143) Institucións (1430) lixo (88) Mancomunidade de Ordes (45) Mandingo (92) Medio Ambiente (1618) muller (187) Nadal (200) Obradoiro Cab (79) o máis lido da semana (55) Patrimonio (816) Plataforma Casalonga limpa de residuos (81) Plataforma Veciñal Mina Touro O Pino NON (42) Plenos (730) Politica (942) saúde (529) Servizos (2682) sindicatos (109) Social (561) sucesos (130) Tabernalia (184) Tecnoloxía (46) Transporte e estradas (694) Turismo (222) Universidade (582) urbanismo (264) xuntas de goberno (37) Xustiza (120)
  • Facebook
  • X
  • Instagram
  • BSky
  • Youtube
  • Whatsapp
Copyright © 2026 All rights reserved. | MoreNews by AF themes.

We use our own and third-party cookies to ensure the website works properly, measure usage, and improve our services. You can accept all cookies, reject non-essential cookies, or configure your preferences. Cookie policy

Configure cookies

Required for the website to work correctly. They cannot be disabled from this panel.

Help measure site usage and improve its content.

Allow advertising, campaign measurement, or ad personalization.

Store preferences or enable non-essential external content.