Bisbarra, 29 de abril do 2024 – O pleno municipal de Ames aprobou dos mocións que son metáfora do debate presente na sociedade. Industrias implantadas no rural como Altri ou apoio ao autoconsumo como no caso dos galiñeiros.
As resultado das votacións do pleno de Ames reflicten tamén o posicionamento dos partidos. A moción do BNG, pedindo o rexeitamento da instalación de Altri en Palas de Rei. Aprobouse cos votos a favor do do BNG, PSdeG-PSOE e Espazo Común mentres que o PP votou en contra.
A moción do Partido Popular, solicitando unha campaña de información sobre o decreto que obriga a rexistrar os galiñeiros e pedindo prestar asesoramento desde o concello, foi aprobada co voto a favor dos concelleiros/as do Partido Popular, BNG e Espazo Común mentres que os concelleiros/as do grupo municipal socialista abstivéronse.
En esta ocasión gañou o natural fronte ao industrial pero o debate segue aberto.
Modificación do plan estratéxico de subvencións
O pleno debateu tamén unha modificación, a terceira, do plan estratéxico de subvencións de Ames. Os cambios chegan tras a aprobación definitiva do orzamento municipal co obxectivo de modificar algunhas das liñas de axudas e introducir outras novas.
Redúcense a destinada á agrupación de protección civil; recupérase a destinada á plantación de frondosas para previr incendios; increméntanse as de emerxencia social e renda social; regularízanse as axudas ás ANPAS; e incorpórase unha liña para deportistas individuais entre outros pequenos cambios.
Espazo Común e BNG foron críticos con estes cambios e por unha banda criticaron os sucesivos cambios nun plan que tiña que ser máis estable e a redución da cantidade que, en conxunto, se destina a axudas que baixa en cen mil euros. O Partido Popular anunciou o seu voto favorable co que as modificacións saíron adiante.
Outros temas
O pleno tomou tamén coñecemento da renuncia do voceiro do BNG, David Santomil, que recibiu agradecementos e frases de apoio de toda a corporación.
Por outra banda, aprobouse por unanimidade o inicio de expediente para a elección de xuíz/a de paz substituto/a do Concello de Ames.