Bisbarra, 15 de maio do 2024 – O concello de Ames segue se atopar unha solución para ampliar os servizos de comedor de Ventín xa que o Consello Escolar do centro rexeita a súa última proposta,
Tras a polémica por querer converter a aula destinada a orientación en comedor este luns celebrouse un novo Consello Escolar agardando unha proposta alternativa. Á reunión acudiron a dirección, algúns profesores e representantes da ANPA pero ninguén do concello o que sorprendeu aos asistentes.
A dirección foi a que trasladou a nova proposta que consiste en eliminar en esta ocasión a aula de usos múltiples. A idea foi novamente rexeitada, en este caso por unanimidade ao non asistir ningún representante municipal.
A comunidade escolar non esta disposta a prescindir de espazos que teñen usos xa consolidados desde hai tempo como orientación e usos múltiples. En este curso aceptaron que aula que o curso anterior servira para a quinta liña de sexto se usara ao quedar baleira pero tampouco é unha solución definitiva.
Algunhas fontes apuntan que unha terraza anexa ao actual comedor podería ser acondicionada con facilidade. En todo caso o problema segue aberto e o malestar, pola ausencia de representante municipal no Consello Escolar do colexio, é evidente.