Vedra, 31 de decembro do 2020 – O concello de Vedra aproveita o parón das vacacións de Nadal para seguir co acondicionamento dos colexios.
Os colexios de Vedra reciben estes días reparacións e melloras aproveitando o baleiro dos edificios. Bo exemplo é a colocación de falso teito no ximnasio do CEIP Ortigueira de Santa Cruz de Ribadulla, unha obra cun importe de 5.831,30 €.
Por outro lado aproveitase tamén para a colocación de tarima flotante nunha aula da escola infantil da unitaria de San Fins, pertencente ao CRA “Neira Vilas” Boqueixón-Vedra. O importe do investimento en esta mellora ascende a 2.395,80 €.
Ambos proxectos son realizados por empresas locais e pagados cos fondos das arcas municipais de Vedra.