займ срочно

Veciños de Padrón quere baixarlle o soldo ao equipo de goberno

0

[columns]
[column size=”2/3″]A formación de Padrón considera esta medida precisa para contrarrestar a pasividade e a inactividade do goberno, que se nega a exercer as funcións para as que foi designado[/column]
[column size=”1/3″]Fonte: Veciños de Padrón[/column]
[/columns]

Padrón, 23 de novembro do 2016 – Veciños de Padrón presentará, no pleno do vindeiro xoves 24, unha moción que solicita a baixada de salario do alcalde e os seus concelleiros nun 10%. O equipo de goberno está a percibir xa na actualidade un soldo acordado pola maioría da oposición, que se fixou en 75.000 euros brutos a repartir entre dedicacións exclusivas e parciais.

O partido comandado por Teresa Rey considera esta medida precisa para contrarrestar a pasividade e a inactividade do goberno, que se nega a exercer as funcións para as que foi designado e que coa súa actitude está afectando negativamente a Padrón.

Entre outras situacións, Veciños denuncia a negativa reiterada do equipo de goberno a realizar uns orzamentos (que levan prorrogados dende o ano 2014), o constante levantamento de reparos suspensivos elaborados por intervención, a repetida contratación de empresas de familiares, o incumprimento dos acordos plenarios, a prorrogación ilegal e non licitación dos contratos municipais expirados, o non cobro das taxas establecidas nas Ordenanzas, o pago de numerosas facturas a través do Recoñecemento Extraxudicial de Crédito e a deixamento á hora de proceder ao cobro de expedientes sancionadores, deixándoos prescribir.

Ante o insustentable da situación, Veciños de Padrón quere facer con esta solicitude de baixada das retribucións un simil co mundo laboral, onde se un traballador non cumpre coas súas obrigas pode ser suspendido de emprego e soldo.

O obxectivo final da formación é precisamente que o equipo de goberno faga o seu traballo e deixe de acometer ilegalidades, polo que a súa proposta inclúe unha revisión e valoración pasados 6 meses das medidas adoptadas para reverter a situación do municipio; e o compromiso de volver a incrementar o salario do goberno no 10% baixado se poñen estas medidas en marcha de xeito eficaz.

Share.

Comments are closed.

Uso de cookies

Este sitio web utiliza cookies para que usted tenga la mejor experiencia de usuario. Si continúa navegando está dando su consentimiento para la aceptación de las mencionadas cookies y la aceptación de nuestra política de cookies, pinche el enlace para mayor información.plugin cookies

ACEPTAR
Aviso de cookies