Skip to content
Lindeiros

Lindeiros

Lindeiros, o xornal da bisbarra de Compostela e da súa capital,

Primary Menu
  • Xeral
  • Axenda
  • Concellos
  • Contacta
  • Compostela

Valentín García, Secretario Xeral de Política Lingüística, participa nas aulas dixitais

O secretario xeral de Política Lingüística, Valentín García, participou por videoconferencia no programa Aulas dixitais impulsado desde a Consellería de Cultura coa colaboración de Coca-Cola.
politica-linguistica-aulas-dixitais-slide-8-febreiro-2021_r

17,30 h.- O secretario xeral de Política Lingüística, Valentín García, participará na apertura das Aulas Dixitais que organiza Coca-Cola no marco do Concurso Novos Talentos. No seu despacho do Pazo de San Roque (rúa de San Roque, 2, 1º andar). foto xoán crespo 04/02/2021

Table of Contents

Toggle
  • Compostela, 8 de febreiro do 2021 – O secretario xeral de Política Lingüística, Valentín García, participou por videoconferencia no programa Aulas dixitais impulsado desde a Consellería de Cultura coa colaboración de Coca-Cola.
    • Achegar a literatura escrita en galego ás aulas

Compostela, 8 de febreiro do 2021 – O secretario xeral de Política Lingüística, Valentín García, participou por videoconferencia no programa Aulas dixitais impulsado desde a Consellería de Cultura coa colaboración de Coca-Cola.

Valentín García abriu a primeira sesión cun encontro do escritor Mario Regueira co profesorado da XII edición do Concurso Novos Talentos de Relato Curto.

17,30 h.- O secretario xeral de Política Lingüística, Valentín García, participará na apertura das Aulas Dixitais que organiza Coca-Cola no marco do Concurso Novos Talentos. No seu despacho do Pazo de San Roque (rúa de San Roque, 2, 1º andar).
foto xoán crespo
04/02/2021

O responsable de Política Lingüística da Xunta salientou “a importancia desta iniciativa que vencella o ámbito escolar ao sistema literario galego e que contribúe á dinamización da lectura nas aulas superando as barreiras que nos impón a complexa situación que vivimos”

Valentín García felicitou tamén a Coca-Cola  por “manter o seu compromiso coa promoción do uso da lingua galega no ensino e achegar ás aulas escritoras e escritores que apostan polo idioma como ferramenta da súa creatividade artística e literaria”.

Achegar a literatura escrita en galego ás aulas

A través deste programa, Aulas dixitais, enmarcado na XII edición do Concurso Novos Talentos de Relato Curto organizado por Coca-Cola co apoio da Xunta, a compañía continúa colaborando co profesorado no obxectivo de plasmar a creatividade do alumnado galego nun relato. En total, Aulas dixitais contou os pasados xoves e venres cunha vintena de profesores de distintos centros de ensino galegos.

Os escritores Rosa Aneiros e Mario Regueira foron os encargados de dirixir os talleres do programa. A sesión do xoves correu a cargo de Regueira, quen compartiu as estratexias da narrativa nos últimos 50 anos e compartiu co profesorado estratexias para facer os textos máis atractivos, lúdicos e capaces de mesturarse con outros xéneros e eidos artísticos. Para rematar, Rosa Aneiros conduciu a sesión do venres a través de contidos centrados na estimulación lectora e creativa do alumnado e baseados na súa propia experiencia literaria.

Post navigation

Previous: Conmemoramos o Día dos Medios en Galego coas reflexións do xenetista Ágel Carracedo
Next: Máis axuda para a sobreira de Siador en Silleda

Máis novas

compostela feiito a man 4 agosto 2026
4 minutes read
  • Axenda

Comeza o XXIII edición do Feito a Man

compostela festival c 4 agosto 2026
3 minutes read
  • Axenda

O Festival C enche Compostela

compostela centro mercadprias 31 xullo 2026
6 minutes read
  • Compostela

Nova etapa en Compostela na distribución de mercadorías

compostela demandantes de vivenda 24 outubro 2018_slide
8 minutes read
  • Xeral

Compostela xa é unha zona de mercado residencial tensionado

compostela-concerto-real-filharmonia-normal-16-xullo-2019-(2)_r
3 minutes read
  • Xeral

“CANTAMOS!” coa Real Filharmonía

compostela troca e retocra 29 xullo 2026
4 minutes read
  • Xeral

Compostela terá un banco de recursos para a infancia

outono codax 2026
4 minutes read
  • Xeral

Mirando cara o Outono Códax Fest

Un dos taxis que se usan en Santtiago
3 minutes read
  • Xeral

Concurso para outorgar licencias de taxi en Santiago

Etiquetas

25N (53) alcaldes (78) asociacións e fundacións (2084) Ciencia (115) Comercio e empresa (662) Coronavirus (278) Crechas (38) Cultura (2787) Curtocircuito (40) Deportes (749) Economía (449) Educación (771) eleccions (44) Emprego (241) Entroido (42) Festas e Feiras (619) Festivais (835) Galego (143) Institucións (1430) lixo (88) Mancomunidade de Ordes (45) Mandingo (92) Medio Ambiente (1618) muller (187) Nadal (200) Obradoiro Cab (79) o máis lido da semana (55) Patrimonio (816) Plataforma Casalonga limpa de residuos (81) Plataforma Veciñal Mina Touro O Pino NON (42) Plenos (730) Politica (942) saúde (529) Servizos (2682) sindicatos (109) Social (561) sucesos (130) Tabernalia (184) Tecnoloxía (46) Transporte e estradas (694) Turismo (222) Universidade (582) urbanismo (264) xuntas de goberno (37) Xustiza (120)
  • Facebook
  • X
  • Instagram
  • BSky
  • Youtube
  • Whatsapp
Copyright © 2026 All rights reserved. | MoreNews by AF themes.

We use our own and third-party cookies to ensure the website works properly, measure usage, and improve our services. You can accept all cookies, reject non-essential cookies, or configure your preferences. Cookie policy

Configure cookies

Required for the website to work correctly. They cannot be disabled from this panel.

Help measure site usage and improve its content.

Allow advertising, campaign measurement, or ad personalization.

Store preferences or enable non-essential external content.