займ срочно

Val do Dubra fomenta a alimentación saudable

0

Bisbarra, 1 de marzo do 2024 – O Concello do Val do Dubra fomenta a alimentación saudable con varios cursos no marco da campaña “Dálle valor á leira da eira”.

Val do Dubra continúa cos cursos formativos no marco da campaña de fomento de alimentación saudable e de coidado das hortas que se iniciou no mes de febreiro co “Curso de poda de froiteiras” ao que asistiron 18 veciñas e veciños.

O próximo sábado, 9 de marzo, dará comezo o “Curso de horta ecolóxica”, tamén con formación teórico-práctica no Centro de Formación de Val do Dubra. A inscrición pode formalizarse no Concello ou a través da sede electrónica ata as 15.00 horas do día 6 de marzo. Aqueles que participen adquirirán coñecementos para o cultivo, coidado e xestión integral dunha horta ecolóxica.

O tenente alcalde, Antonio Negreira, explica que “Trátase dun programa que intenta aumentar a produción de produtos da horta no municipio e que contará, despois desta primeira fase de tratamento e poda de froiteiras e creación de hortas ecolóxicas, cunha segunda fase na que se formará os veciños e veciñas na conservación de alimentos e na comercialización para aproveitar os excedentes de produción”.

Aqueles que participen, unha vez rematadas as sesión, manterán activa asesoría coa persoa encargada das formacións polo que “terán contacto para ver como evolucionan as hortas ou se nalgún momento requiren de coñecementos máis específicos”, recalca Negreira. Ademais, a través do Concello, todos aqueles veciños e veciñas que precisen asesoramento poderán verse beneficiados desta asesoría.

Esta campaña, que terá continuación ao longo do ano con outras actividades e cursos, busca producir alimentos saudables, conseguir un suplemento económico á economía local e ao mesmo tempo vincular as novas xeracións á terra para poñer en valor o traballo agrícola mantendo o contacto co medio e buscando así asentar poboación moza no medio rural.

Share.

Comments are closed.

Uso de cookies

Este sitio web utiliza cookies para que usted tenga la mejor experiencia de usuario. Si continúa navegando está dando su consentimiento para la aceptación de las mencionadas cookies y la aceptación de nuestra política de cookies, pinche el enlace para mayor información.plugin cookies

ACEPTAR
Aviso de cookies