займ срочно

Investigadores estudan na USC o eufemismo na prensa

0

Compostela, 20 de outubro do 2017 – A área de Filoloxía Francesa organiza hoxe venres 20 a xornada de estudo internacional Problemas polifónicos y dialógicos del eufemismo en la prensa y la prensa digital actuales, que reunirá investigadores da USC e de varios países europeos.

eufemismo na prensaO eufemismo aparece nos discursos como parte da doxa vixente, escapando incluso ás veces ao control do locutor, e tamén como transmisión de voces ou puntos de vista dos que este se pode facer cargo ou non.

Por iso os eufemismos que circulan se lle poden ocorrer ao locutor case sen se decatar, empregando os que xa foron utilizados por outros. Non obstante, o locutor tamén pode decidir mobilizar unha enunciación eufemística segundo as súas propias intencións comunicativas.

“Cando dicimos, por exemplo, optimización do traballo en lugar de “degradación” das condicións ou mesmo “supresión” de postos, por unha parte facemos eco da vox populi, dunha cimentación memorial que contribúe a darlle sentido á expresión, sexamos conscientes ou non de emitir ou percibir un eufemismo. Pero por outra banda, tamén é posible empregar esa terminoloxía subinformativa como discurso alleo, que se pode reproducir ou ben cuestionar”, explica Montserrat López, unha das organizadoras.

Share.

Comments are closed.

Uso de cookies

Este sitio web utiliza cookies para que usted tenga la mejor experiencia de usuario. Si continúa navegando está dando su consentimiento para la aceptación de las mencionadas cookies y la aceptación de nuestra política de cookies, pinche el enlace para mayor información.plugin cookies

ACEPTAR
Aviso de cookies