займ срочно

Café de Linguas na biblioteca Concepción Arenal

0

Compostela, 26 de setembro do 2017 – O Centro de Linguas Modernas da USC abrirá hoxe unha nova edición do Café de Linguas coincidindo coa celebración do Día Europeo das Linguas.

O Café de Linguas son encontros lingüísticos de balde, complementarios ás clases do CLM, abertos a toda a USC. As persoas que decidan sumarse non precisan de nivel mínimo.

Celébranse na Biblioteca Concepción Arenal de luns a venres en horario de 16.30 a 20.30 horas. Cada un dos días está dedicado a un idioma distinto. Así o luns é posible entrar en contacto con falantes interesados en español como lingua estranxeira, catalán e inglés; o martes cos de checo, francés ou italiano; o mércores, será a quenda de chinés, portugués e galego para non galego-falantes; o xoves, a de alemán, árabe e ruso; e o venres, finalmente, estará dedicado a lingua de signos, polaco e xaponés.

Para acadar máis información, as persoas interesadas poden dirixirse ao Centro de Linguas Modernas no correo electrónico clm@usc.es ou no teléfono  8818 15210.

 

Share.

Comments are closed.

Uso de cookies

Este sitio web utiliza cookies para que usted tenga la mejor experiencia de usuario. Si continúa navegando está dando su consentimiento para la aceptación de las mencionadas cookies y la aceptación de nuestra política de cookies, pinche el enlace para mayor información.plugin cookies

ACEPTAR
Aviso de cookies