займ срочно

Unha rotonda e unha senda unirán Silleda co parque das Pedrosas

0

Silleda, 3 de marzo do 2021 – A Deputación de Pontevedra investirá máis de 250.000 euros na comunicación peonil entre centro de Silleda e o Parque das Pedrosas e o cemiterio.

Coa obra dase continuidade á humanización acometida o ano pasado na rúa da Chousa Nova, onde se sitúan o Centro de Saúde e o Centro de Maiores de Silleda.

A presidenta da Deputación, Carmela Silva, presentou o proxecto na Casa do Concello, acompañada polo alcalde Manuel Cuiña, o deputado de Infraestruturas, Gregorio Agís, o equipo técnico de enxeñaría da Deputación e varios concelleiros/as do municipio do Deza.

Pensando nos peóns

O deseño, que foi exposto polos técnicos, foi definido pola presidenta da Deputación como “o cambio dun modelo deseñado 100% para os vehículos a un modelo de prioridade 100% peonil, cun itinerario seguro e atractivo para as persoas”.

Os planos inclúen unha gran glorieta cun diámetro exterior de 36 metros e diámetro interior de 16 metros, dotado con dous carrís de 4 metros cada e beiravías de un metro e cunetas remontables. A permeabilidade peonil garántese coa inclusión dunha senda de 2,5 metros de ancho na súa contorna. Coa nova senda eliminarase a pasarela elevada, incómoda para persoas maiores ou con mobilidade reducida. Finalmente, as obras habilitarán pasos de peóns para o calmado do tráfico de vehículos.

A nova rotonda, ademais de facilitar os desprazamentos a pé, tamén será útil para o tráfico rodado pois facilita o cambio de sentido nun punto onde era necesario. O prazo de execución, unha vez adxudicadas as obras, será de 5 meses.

Compromiso adquirido

Carmela Silva explicou que había un compromiso en pé dende que en febreiro de 2020 se inaugurou a humanización da Chousa Nova, obra acometida co Plan DepoRemse de mobilidade segura. “O alcalde e a veciñanza nos dixeron que estaban encantados co cambio radical nunha zona que pasou a convertese nun espazo para as persoas, pero tamén nos comentaron que ao remate da rúa nos atopábamos cun muro invisible en forma de  estrada principal,  que impedía continuar ata o parque”. Silva engadiu que o compromiso “é hoxe case unha realidade, porque a obra entra en proceso de licitación e agardamos que poidamos inaugurala este mesmo ano”.

O alcalde, Manuel Cuíña, destacou que a Deputación volve dar un impulso a Silleda e, trala reforma co Plan Concellos do parque das Pedrosas, “que logramos converter nun centro neurálxico do que xa gozan tódalas xeracións” e a humanización da Chousa Nova, agora se consigue enlazar ambas actuacións. Ao seu xuízo a eliminación do paso elevado prodúcese un gran  avance. “A pasarela era un obstáculo máis que unha unión”, subliñou.

Share.

Comments are closed.

Uso de cookies

Este sitio web utiliza cookies para que usted tenga la mejor experiencia de usuario. Si continúa navegando está dando su consentimiento para la aceptación de las mencionadas cookies y la aceptación de nuestra política de cookies, pinche el enlace para mayor información.plugin cookies

ACEPTAR
Aviso de cookies