займ срочно

Un roteiro guiado para reivindicar ao escultor Francisco Asorey

0

Compostela, 29 de marzo do 2019 – O concello de Santiago e a Asociación Cultural O Galo presentaron un roteiro que ten como obxectivo reivindicar a figura do escultor compostelano Francisco Asorey.

O paseo foi presentado pola  concelleira de Acción Cultural, Branca Novoneyra; a secretaria da Asociación O Galo, Mercedes Espiño, e a tesoureira, Esperanza Delgado. Novoneyra explicou que a idea “nace do convencemento de que Santiago ten que redescubrir a Francisco Asorey, un escultor que deixou unha fonda pegada en Compostela que pasa demasiado desapercibida para parte da veciñanza. Queremos reivindicar a obra dun artista que está considerado como unha das figuras máis relevantes da escultura española do século XX e que demostrou esa condición en moitas das súas pezas que podemos ver na nosa cidade, como é o caso do Monumento a San Francisco”.

“O mellor escultor galego despois do Mestre Mateo”

A secretaria da Asociación Cultural O Galo, Mercedes Espiño, afirmou que “Asorey é o mellor escultor galego despois do Mestre Mateo, cunha ampla produción artística que hai que redescubrir”. Segundo explicou, estímase que Asorey puido ter realizado máis de 1.500 pezas, que están tanto en mans públicas como privadas.

O roteiro do 5 de abril terá como punto de partida o IES Rosalía de Castro, ao carón do busto de José Ibáñez que se conserva no instituto. Despois, as persoas participantes coñecerán outras obras de Asorey como as placas a Bernardo Barreiro ou ao doutor Carracido, os bustos de Lino Torres e Ramón Aller do edificio do reitorado, ou o retrato da súa esposa que se garda no Pazo de Raxoi. Outras das paradas importantes será a Facultade de Medicina, onde traballou Asorey como escultor anatómico e onde se verán diferentes placas e os bustos de Roberto Novoa Santos ou Alejandro Rodríguez Cadarso. O roteiro inclúe ademais paradas na que foi a residencia da familia Asorey, no Campiño do Carme, nos seus obradoiros de Santa Clara e Caramoniña, ou no Panteón de Galegos Ilustres onde está soterrado. Tamén se poderán coñecer, no Museo do Pobo Galego, os bosquexos das súas obras e as ferramentas de Asorey alí conservadas.

O roteiro Asorey en Compostela vaise celebrar o 5 de abril, a partir das 17.00 horas. Hai 30 prazas dispoñibles para o roteiro e a inscrición debe facerse a través do e-mail comunicación@ogalo.gal.

Share.

Comments are closed.

Uso de cookies

Este sitio web utiliza cookies para que usted tenga la mejor experiencia de usuario. Si continúa navegando está dando su consentimiento para la aceptación de las mencionadas cookies y la aceptación de nuestra política de cookies, pinche el enlace para mayor información.plugin cookies

ACEPTAR
Aviso de cookies