Skip to content
Lindeiros

Lindeiros

Lindeiros, o xornal da bisbarra de Compostela e da súa capital,

Primary Menu
  • Xeral
  • Axenda
  • Concellos
  • Contacta
  • Axenda
  • Rois
  • Xeral

Rois fai o “Camiño das Letras”

A Escola de Música de Rois encheu o auditorio no Concerto de Primavera

Bisbarra, 10 de maio do 2024 – “Camiño das Letras é o nome co que o concello de Rois define unha varia programación vinculada ao Día das Letras Galegas.

A extensa programación de Rois desenvolverase ata o vindeiro 1 de xuño, en paralelo á celebración das festas patronais do Santo Isidro Labrador, e permitiralle á veciñanza e visitantes gozar, de balde, de música, deportes, maxia, teatro e diversas exposicións.

A música será a protagonista hoxe venres, día 10, con Sementes de Rois. A música tradicional marcará unha tarde de convivencia no campo da festa de Rois que rematará cunha gran chocolatada. Participarán o OCT Chorima, Cantareiras das Amas de Casa de Rois, Repeniqueiras de Urdilde, Pandeireteiras de Ermedelo, a A.C. Rosalía de Castro de Padrón e a Escola de música e baile tradicional de Brión.

O xoves 16 celebrarse a gran verbena das festas do Santo Isidro coas orquestras La Fórmula e Charleston Big Band e o sábado 17 o Encontro de Corais xuntará no auditorio municipal a Coral Polifónica de Urdilde e a Val do Sar de Padrón.

As voces de Rois. Naturfest pechará o día 31 de maio o apartado musical deste programa, na Casa do Porto, coa posta en valor da tradición oral e unha homenaxe ás voces que fixeron e seguen facendo posible que este legado siga vivo.

Centros educativos

Dentro da iniciativa Alinguamos, o Concello inclúe na programación Rois no Camiño das Letras diversas iniciativas dirixidas ao alumnado do municipio. Nesta programación forman parte O método regueifeiro, de Lupe Gómez, (10 de maio); Combina, do mago Dani Polo (día 13), AS verbas de Luísa, de manuela Contacontos (día 14) e Palabras, de Baobab Teatro (xoves, 23).

Ciclismo, tenis e andainas

O XVII Premio Ciclista do Santo Isidro,Trofeo Suso Blanco Villar, que se celebra o sábado, día 11, pola mañá para as categorías cadete e júnior masculina e feminina, será a primeira actividades deportiva de Rois no Camiño das Letras.

Coincidindo coa celebración do Día das Letras, o 17 de maio, celebrarase unha nova edición da Andaina do Santo Isidro Letras Galegas, con saída ás 10.00 horas dende o polideportivo de Urdilde. Os 17 quilómetros de percorrido desta andaina estarán marcados por outros tantos protagonistas das Letras galegas. A inscrición (ata o 12 de maio) ten un custo de 5 euros para persoas adultas e fins solidarios. Todo o recadado doaranse integramente á asociación Asanog de apoio á cativada con cancro en Galicia.

A seguinte cita deportiva será o 25 de maio, coa celebración do Torneo infantil de Tenis a partir das 16.00 horas no polideportivo de Urdilde. O 1 de xuño, organizada polo Colectivo Remonte, celebrase a XVI Andaina por Parellas, con saída ás 17.00 horas dende o polideportivo dos Dices.

Documental, exposicións e certame literario

Por outra banda, o 24 de maio inaugurarase no edificio multiúsos de Rois a exposición fotográfica O artesán, as mans sabias, na que Toño Villar amosa o traballo de Xosé Tuñas. A inauguración será amenizada polo OCT Chorima.

Ao día seguinte, 25 de maio, no auditorio municipal, presentarase o documental Land art Seira. Arte e natureza. A nosa paisaxe como soporte e inspiración na que se recolle a iniciativa Land art Seira que cada ano organiza o artista Camilo Seira.

Durante o mes de maio tamén se poderá ver no multiúsos unha exposición sobre Luisa Villalta, a autora homenaxeada este ano no Día das Letras Galegas.

Por outra banda, ata o 30 de setembro poderán presentarse os traballos que concorran ao Certame Literario Lois Aldegunde de relato breve e poesía.

Post navigation

Previous: Lavacolla bordea o colapso nas horas punta
Next: A Baña celebra o Mes das Letras

Máis novas

Un momento do pleno de Brion no que se destinou un millón de euros ao pago de facturas
4 minutes read
  • Xeral

Brión rebaixa a taxa do lixo

Rois: aprobadas en pleno a renovación de ordenanzas fiscais
3 minutes read
  • Xeral

Rois actualiza licencias e cede xestión á Deputación

Concello de A Estrada_DSC9226 slide_r
3 minutes read
  • Xeral

Reclama que se respete na Estrada a Lei de Memoria Democrática

compostela arco de mazarelos_good 7 novembro 2026
3 minutes read
  • Compostela

Unha nova vida para o Arco de Mazarelos

ateneo desafios intelixencia artificical 7 novembro 20226
2 minutes read
  • Xeral

Os desafíos da Intelixencia Artificial nos Luns do Ateneo

mancomunidade ordes saida patrimonio 5 novembro 2026
2 minutes read
  • Xeral

Nova saída para coñecer a Mancomunidade de Ordes

bng maes parquing milladoiro 6 novembro 2026
3 minutes read
  • Xeral

As incógnitas do aparcadoiro do Milladoiro

deputacion via verde remata en marzo 6 de novembro 2026 (1)
4 minutes read
  • Xeral

A Vía Verde podería estar rematada en marzo

Etiquetas

25N (53) alcaldes (78) asociacións e fundacións (2086) Ciencia (116) Comercio e empresa (665) Coronavirus (278) Crechas (38) Cultura (2831) Curtocircuito (40) Deportes (751) Economía (450) Educación (778) eleccions (50) Emprego (244) Entroido (42) Festas e Feiras (623) Festivais (837) Galego (146) Institucións (1441) lixo (88) Mancomunidade de Ordes (45) Mandingo (92) Medio Ambiente (1626) muller (187) Nadal (200) Obradoiro Cab (79) o máis lido da semana (55) Patrimonio (834) Plataforma Casalonga limpa de residuos (81) Plataforma Veciñal Mina Touro O Pino NON (42) Plenos (740) Politica (951) saúde (534) Servizos (2704) sindicatos (109) Social (567) sucesos (133) Tabernalia (184) Tecnoloxía (46) Transporte e estradas (703) Turismo (223) Universidade (588) urbanismo (265) xuntas de goberno (37) Xustiza (120)
  • Facebook
  • X
  • Instagram
  • BSky
  • Youtube
  • Whatsapp
Copyright © 2026 All rights reserved. | MoreNews by AF themes.

Utilizamos cookies propias e de terceiros para garantir o correcto funcionamento do sitio web, medir o seu uso e mellorar os nosos servizos. Podes aceptar todas as cookies, rexeitar as non necesarias ou configurar as túas preferencias. Política de cookies

Configure cookies

Necesarias para que o sitio web funcione correctamente. Non se poden desactivar desde este panel.

Axudan a medir o uso do sitio web e a mellorar os seus contidos.

Permiten publicidade, medición de campañas ou personalización de anuncios.

Gardan preferencias ou permiten contido externo non necesario.