займ срочно

Un Nadal máxico en Melide

0

Melide, 10 de decembro do 2021 – Melide ven de presentar a programación  de Nadal cunha completa programación de teatro, monicreques, concertos e maxia para todos os públicos.

Melide celebrará tamén a tradicional Cabalgata de Reis e o Belén Artesán. Completase deste xeito unha programación coa que o Concello quere pór o broche ao ano con moita animación e bo humor.

A Cabalgata de Reis percorrerá as rúas da vila o 5 de xaneiro a partir das 18h. O percorrido anunciarase antes desa data. Pola súa banda, o Belén Artesán xa está instalado e pode visitarse ata o 9 de xaneiro na Casa do Concello, entre as 8.30h e as 20h. As luces de Nadal, que alumearán o municipio foron acendidas o pasado domingo, 5 de decembro.

A programación cultural arrincou tamén o domingo coa representación da obra para todos os públicos ‘Lolo&Mamá’ no Centro Sociocultural Mingos de Pita. O vindeiro sábado, día 11, volve o teatro ao mesmo espazo con ‘Bravas’, de Isabel Risco, ás 20h. Posteriormente, o domingo 19, representarase a obra ‘Crónica dunha heterosexual insatisfeita’ ás 20h no mesmo lugar.

Os espectáculos de monicreques tamén terán o seu espazo na programación natalicia. O domingo 12 representarase ‘O Apalpador e a nena sen medo’ no mesmo Centro sociocultural ás 18h. O 27 de decembro, luns, representarase ‘A toupiña que quería saber…’, tamén ás 18h. O 8 de xaneiro, sábado, será a vez de ‘Un nadal cheo de contos’, ás 18h. Todos eles son espectáculos de monicreques orientados ao público infantil e familiar.

O domingo 26 de decembro o Centro Sociocultural Mingos de Pita acollerá un divertido e novidoso concerto a cargo de ‘Coro Encaixe’. Será ás 20h. O martes 28 ás 17h o mesmo lugar será escenario da Demostración das Escolas Culturais de Teatro, Ballet e Baile Moderno. 

Os primeiros domingos de xaneiro chegarán cargados de maxia a Melide. O día 2 Dani Polo ofrecerá un espectáculo de maxia para todos os públicos ás 20h no Centro Sociocultural Mingos de Pita. O día 9, ás 19h, o mesmo lugar servirá como escenario para ‘No Nadal toca… maxia’, tamén orientado a todos os públicos.

O Cantón de San Roque acollerá entre o 29 de decembro e o 9 de xaneiro a programación de ‘A Casiña Máxica dos Contos’. O día 29, mércores, abrirá a programación ‘O Peirao’ con pases ás 17h, 18h e 19h. O xoves 30 estará Pedro Brandariz ás 17h, 18h e 19h. O domingo 2 de xaneiro será a vez de Caxoto ás 12h e 13h. Ao día seguinte, luns 3, estarán ‘Rilo&Penadique’ ás 17h, 18h, e 19h. O martes 4 de xaneiro actuará Raquel Queizás ás 17h, 18h e 19h. Por último, o domingo 9, ás 12h e 13h, será a vez de ‘Xarope Tulú’. En todos os casos, a entrada será libre e por orde de chegada ata completar aforo.

Share.

Comments are closed.

Uso de cookies

Este sitio web utiliza cookies para que usted tenga la mejor experiencia de usuario. Si continúa navegando está dando su consentimiento para la aceptación de las mencionadas cookies y la aceptación de nuestra política de cookies, pinche el enlace para mayor información.plugin cookies

ACEPTAR
Aviso de cookies