займ срочно

Os concellos do Ulla traballan nunha ruta desde Antas ata Arousa

0

Touro, 6 de abril do 2017 –  Os 20 concellos bañados polo río Ulla puxeron en Touro as bases para traballar no deseño dunha gran ruta de sendeirismo continua  pola beira do río dende o nacemento a desembocadura.

Alcaldes e representantes dos 20 concellos (Palas de Rei, Monterroso, Antas de Ulla, Agolada, Santiso, Arzúa, Vila de Cruces, Touro, Silleda, Boqueixón, Vedra, A Estrada, Teo, Padrón, Pontecesures, Valga, Dodro, Catoira,  Rianxo e Vilagarcía de Arousa)  reuníronse no novo Centro de Interpretación do Río Ulla, ubicado na área de servizos de Fonte Díaz.

O alcalde de Touro, Ignacio Codesido, exerceu de anfitrión. Neste encontro sentaron as bases como comezar os traballos para fixar una ruta turística que sirva como buque insignia de promoción desta zona que acolle a 20 concellos e que afecta a tres provincias galegas (A Coruña, Lugo e Pontevedra).

Os 20 concellos tamén estiveron programando o Goza do Ulla 2017, que será a súa sétima edición. Por primeira vez, a programación de rutas será continuo dende Antas de Ulla ata Vilagarcía. A primeira ruta comezará na desembocadura e a última será en Vilagarcía de Arousa. A presentación oficial do programa oficial Goza do Ulla 2017 será no concello lucense, previsiblemente a inicios do mes de maio. As rutas comezarán nese mes da primavera e rematarán en outubro.

Pero os 20 concellos quedaron de comezar a traballar en firme no deseño dunha gran ruta fluvial de sendeirismo que percorra o canle dende o nacemento a súa desembocadura. Xa hai un traballo sobre o trazado dunha ruta dos concellos bañados polo Ulla que pertencen a Área de Santiago de Compostela, que podería servir de base. Agora os representantes dos 20 concellos acordaron definir trazados, aproveitando os ya existentes e marcando novos sendeiros.

Tamén decidiron solicitarlle ás administración, fundamentalmente á Xunta de Galicia, axuda para axilizar os permisos para marcan novos itinerarios, sempre baixo a premisa de respectar o medio natural, un dos principais reclamos do programa Goza do Ulla.

Nunha próxima reunión xa se avanzará sobre ese gran trazado. Un dos obxectivos é incluir esta ruta no Programa Caminos Naturales, dependente do Ministerio de Agricultura y Pesca, Alimentación y Medio Ambiente, que conta con 9.460 quilómetros de camiños naturais a longo da xeografía española.

Cada concello comprometeuse a definir un posible trazado pola beira do Ulla e polo seu territorio, sempre o máis próximo, na medida das posibilidades, a canle do río. Os concellos implicados consideran que definir o sendeiro fluvial de gran percorrido é o paso fundamental para promocionar a zona. A intención é que o Ulla sexa un reclamo turístico, como o é agora a Ribeira Sacra, por exemplo. Non fixaron prazos, pero a intención e que ao longo deste ano esté xa marcada a gran ruta e presentala como unha iniciativa conxunta.

Os asistentes fixeron unha aposta decidida por consolidar este proxecto que pretende poñer en valor, promocionar e proxectar o rico e valioso patrimonio dos territorios que percorre o río Ulla. Tamén acordaron apostar pola implicación das diferentes administración no finanzamento, promoción e visibilidade tanto do programa ‘Goza do Ulla’ como na iniciativa do gran sendeiro fluvial do Ulla. Os representantes dos 20 concellos consideran que o trazado serviría de “eixo vertebrador” turístico para a promoción dos recursos naturais e patrimoniais do Ulla.

Share.

Comments are closed.

Uso de cookies

Este sitio web utiliza cookies para que usted tenga la mejor experiencia de usuario. Si continúa navegando está dando su consentimiento para la aceptación de las mencionadas cookies y la aceptación de nuestra política de cookies, pinche el enlace para mayor información.plugin cookies

ACEPTAR
Aviso de cookies