Bisbarra, 27 de decembro do 2023 – O concello de Touro ven de comezar a instalación de fibra óptica en todo o rural do municipio.

O municipio asinou un convenio con Rede Aberta que permitirá a extensión de fibra por todo o territorio municipal de Touro.
As actuacións, que xa comezaron fai varias semanas, están sendo realizadas por varias empresas (Euskalfibra, Montelnor…) que están estendendo a fibra dende lugares diferentes.
Mediante este convenio, o Concello de Touro proporciona a infraestrutura municipal do alumeado público para realizar o tendido da fibra en todo o territorio municipal, facilitando a extensión a todos os núcleos de poboación.
Con estas actuacións prevese que a fibra alcance a totalidade dos núcleos antes de mediado o ano 2024.
