Bisbarra, 8 de xaneiro do 2024 – O concello de Touro acollerá o vindeiro dia 22, desde as dez da mañá, a iniciativa do goberno central “A administración cerca de ti”.
Trátase dun programa impulsado desde o Ministerio de Política Territorial, conxuntamente co Ministerio de Asuntos Económicos e Transformación Dixital, e que conta coa colaboración da Federación Española de Municipios e Provincias (FEMP). O obxectivo é facilitar á cidadanía o acceso a trámites e xestións da Administración Xeral do Estado.
Esta iniciativa lévase a cabo en municipios que contan entre 500 e 8.000 habitantes de todo o territorio e nalgunhas provincias con máis núcleos de poboación dispersos e tamén se aplicará en municipios con menos de 500 habitantes.
A veciñanza destes municipios só terán que desprazarse ao seu Concello onde se axudará á cidadanía para obter os medios de identificación e firma dixital que permiten acceder aos servizos públicos, facilitaráselles o acceso á carta de servizos públicos dispoñible e informarase das vantaxes, por exemplo, da ‘Carpeta Cidadán’, cuxa aplicación móbil lanzou o Goberno.
Tamén haberá asistencia aos cidadáns para tramitar ‘in situ’ as súas solicitudes sobre os servizos que prestan delegacións, subdelegacións e direccións Insulares, e facilitarase así mesmo información sobre os servizos máis demandados.
Unha oportunidade para achegarse aos servizos dixitais e mesmo coñecer programas e axudas do goberno central que moitas veces son pouco coñecidos nos concellos máis pequenos.