Bisbarra, 1 de abril do 2024 – O concello de Touro busca formar dixitalmente á veciñanza organizando dez talleres en novas tecnoloxías do 15 ao 26 de este mes de abril.
A iniciativa de Touro forma parte do programa “Ineco Rural TIC”. Trátase dunha ferramenta ao servizo da cidadanía que reside en pobos e pequenos municipios de España.
A formación desenvólvese por medio dun modelo colaborativo que ten como obxectivo contribuír á dixitalización social e económica dos entornos rurais, rompendo as barreiras que os afastan das novas tecnoloxías. Promove a dixitalización social e está dirixido á poboación en xeral, sobre todo a mozos e adultos.
A formación de Touro centraranse na seguridade dixital, na formación no uso das novas tecnoloxías e en como reducir as reticencias de certa poboación a estas tecnoloxías. A finalidade é superar a barreira tecnolóxica, aumentar a autonomía persoal e reducir a brecha social.
Touro promoberá a dixitalización económica dirixida ás pequenas e medianas empresas co fin de potenciar o sector empresarial para o seu posicionamento dixital. En este caso abordarse a seguridade dixital, o asesoramento ás empresas e o xeito de reducir reticencias. O obxectivo é fomentar a visibilización dos negocios a través dos medios tecnolóxicos dispoñibles e o desenvolvemento de páxinas web.
En Touro abordarase como levar a cabo os trámites na Seguridade Social, como usar a banca dixital, como solicitar citas médicas de maneira online, as distintas ferramentas de negocio, a seguridade en internet ou as redes sociais.