займ срочно

Turismo Mariñeiro na Pobra do Caramiñal

0

A Pobra, 8 de xullo do 2021 – O concello da Pobra do Caramiñal presentou as xornadas de Turismo Mariñeiro que se celebrarán ao longo do verán en colaboración coa asociación Mar da Pobra.

As citas co Turismo Mariñeiro serán o 9 e o 23 de xullo e o 6 e o 20 de agosto.  Dividiranse entre a praia dos Areos e a dos Raposiños e forman unha experiencia cunha duración de noventa minutos durante os cales as persoas participantes coñecerán o labor que desenvolven as mariscadoras, así como os bivalvos que atesouran os areais do municipio.

A concelleira do Turismo, Charo Varela, manifestou que se “aposta por poñer en valor o patrimonio mariñeiro como unha oferta turística e un produto que queremos poñer á disposición de tódalas persoas que descoñecen o traballo marisqueiro. Poñer en valor o mar é poñer en valor A Pobra, o produto que temos na ría da Arousa e a xente do mar.”

Pola súa parte, a técnica municipal desta área, Sara Sánchez, sinalou que se trata dunha das actividades turísticas que ten maior acollida e “tamén das que crea maior satisfacción nos visitantes, pois é unha actividade que nos diferencia moito.”

Por último, Rosa Millán, presidenta da Asociación Mar da Pobra, declarou que con este tipo de iniciativas buscan poñer en valor o seu traballo, ademais de que “nos resulta moi satisfactorio ver como a xente que vén se interesa polo que facemos.”

As reservas pódense formalizar no punto de información turística-situado na Casa Mariñeira-, a través dos teléfonos de contacto 671090262 e 687482835, ou mediante o enderezo electrónico turismo@apobra.gal. O prezo estipúlase en 12 euros para as persoas adultas e de balde para nenos e nenas menores de 10 anos. O punto de encontro establécese na propia oficina do turismo.

Share.

Comments are closed.

Uso de cookies

Este sitio web utiliza cookies para que usted tenga la mejor experiencia de usuario. Si continúa navegando está dando su consentimiento para la aceptación de las mencionadas cookies y la aceptación de nuestra política de cookies, pinche el enlace para mayor información.plugin cookies

ACEPTAR
Aviso de cookies