Skip to content
Lindeiros

Lindeiros

Lindeiros, o xornal da bisbarra de Compostela e da súa capital,

Primary Menu
  • Xeral
  • Axenda
  • Concellos
  • Contacta
  • A Estrada
  • Padrón
  • Xeral

O TSXG suspende cautelarmente o parque eólico de Castro Valente

O proxecto eólico que ameazaba ao Castro Valente ven de ser anulado cautelarmente polo Tribunal Superior de Xustiza de Galicia, TSXG.
bng-padron-eolicos-castro-valente-slide-25-novembro-2021-(1)_r

Bisbarra, 24 de abril do 2024 – O proxecto eólico que ameazaba ao emprazamento denominado Castro Valente, entre os concellos de A Estrada e Padrón, ven de ser anulado cautelarmente polo Tribunal Superior de Xustiza de Galicia, TSXG.

A protección e posta en valor de Castro Valente é algo solicitado en distintas ocasións por partidos políticos e colectivos sociais e investigadores. A paralización do proxecto eólico era unha prioridade para a súa preservación.

O voceiro do BNG na Estrada, Xoán Reices. Lembra que “este parque eólico está situado enriba dos restos arqueolóxicos unha fortaleza medieval, o que, como xa manifestamos con anterioridade debería ser motivo abondo para anulalo definitivamente, de feito, o grave é que a Xunta, a pesar de todo, dese a autorización administrativa pertinente”

O concelleiro do BNG considera que a suspensión cautelar de Castro Valente pode ser unha boa noticia para toda a veciñanza que está loitando contra o parque eólico de Xesteiros, que quere construír Norvento nos montes de Vea.

Reices engade que “Hai que lembrar que Xesteiros e Castro Valente comparten a liña de evacuación, se un parque cae, cabe pensar que isto tamén pode repercutir na execución co segundo, mais imos ser prudentes e agardar acontecementos”.

Aínda pendentes da copia do recurso do concello

O BNG da Estrada segue tamén instando ao concello a que actúe de xeito máis contundente. Reíces di  “instamos ao novo alcalde a que remita ao BNG a copia do recurso que presentou o concello o 22 de marzo contra a autorización administrativa previa do parque eólico de Xesteiros. Solicitámolo hai un mes e aínda hoxe non temos a copia solicitada que o ex-alcalde, José López, comprometeuse enviar no pleno que tivemos a principio de mes”.

O nacionalista engade que “Supoñemos que o alcalde, tanto o novo como o anterior, non teñen nada que agochar, mais esta demora non é comprensíbel, a pesar dos acontecementos dos últimos días”.

Post navigation

Previous: Teo mellora instalacións deportivas e de ocio
Next: O Museo do Pobo Galego inaugura a exposición Regressar de Raquel Díaz

Máis novas

Teo lugar no que se situaría a planta de residuos de Cacheiras
4 minutes read
  • Xeral

Segue a preocupación en Cacheiras, Teo, pola instalación da planta de reciclaxe

compostela vista posterior pazo raxoi imaxe google maps
3 minutes read
  • Compostela

Compostela recepcionará as obras do Pazo de Raxoi

granell slide
2 minutes read
  • Axenda

Alejandra Pombo presenta na Granell “o que me mira rodeándome”

Presentación en Melide a campaña "No caminas sola" do Miisterior del INterior
3 minutes read
  • Xeral

“No caminas sola”, prevención nos Camiños a Santiago

Presentación en Compopstela do manifesto "Por u monte galego con futuro"
13 minutes read
  • Xeral

Por un monte galego con futuro

Ortoño celebrará o vindeiro domingo vinte anos da Festa do Courizo ao Viño. Organizada pola Asociación Gastronómica, Recreativa e Cultural do Chourizo ao viño degustará tamén orella cocida e todo com guarnición de cachelos.
4 minutes read
  • Xeral

XX Festa do Chourizo ao Viño de Ortoño

O alcalde de Boqueixón, Ovidio Rodeiro, e o chef Álex Iglesias presentaron os “Tardeos no Pico Sacro”, unha iniciativa do Concello para poñer en valor o seu enclave turístico máis importante, que acaba de ser elixido pola Xunta para converterse en Ben de Interese Cultural, a través dunha nova e completa oferta cultural, turística e gastronómica.
4 minutes read
  • Axenda

“Tardeos no Pico Sacro” a proposta de Boqueixón para un verá diferente

Os alcaldes de Boqueixón, Ovidio Rodeiro, e Touro, José Manuel Reboredo, nunha das zanxas de canalización de auga
4 minutes read
  • Boqueixón

Boqueixón e Touro colaborarán no abastecemento de auga potable

Etiquetas

25N (53) alcaldes (78) asociacións e fundacións (2082) Ciencia (115) Comercio e empresa (662) Coronavirus (278) Crechas (38) Cultura (2768) Curtocircuito (40) Deportes (748) Economía (449) Educación (771) eleccions (44) Emprego (241) Entroido (42) Festas e Feiras (608) Festivais (835) Galego (143) Institucións (1427) lixo (88) Mancomunidade de Ordes (45) Mandingo (92) Medio Ambiente (1616) muller (187) Nadal (200) Obradoiro Cab (79) o máis lido da semana (55) Patrimonio (810) Plataforma Casalonga limpa de residuos (81) Plataforma Veciñal Mina Touro O Pino NON (42) Plenos (726) Politica (942) saúde (527) Servizos (2670) sindicatos (109) Social (549) sucesos (128) Tabernalia (184) Tecnoloxía (46) Transporte e estradas (690) Turismo (222) Universidade (579) urbanismo (260) xuntas de goberno (37) Xustiza (120)
  • Facebook
  • X
  • Instagram
  • BSky
  • Youtube
  • Whatsapp
Copyright © 2026 All rights reserved. | MoreNews by AF themes.

We use our own and third-party cookies to ensure the website works properly, measure usage, and improve our services. You can accept all cookies, reject non-essential cookies, or configure your preferences. Cookie policy

Configure cookies

Required for the website to work correctly. They cannot be disabled from this panel.

Help measure site usage and improve its content.

Allow advertising, campaign measurement, or ad personalization.

Store preferences or enable non-essential external content.