Skip to content
Lindeiros

Lindeiros

Lindeiros, o xornal da bisbarra de Compostela e da súa capital,

Primary Menu
  • Xeral
  • Axenda
  • Concellos
  • Contacta
  • Trazo
  • Xeral

Melloras no local social de Morlán en Trazo

As axudas da Xunta de Galicia permitiron acometer melloras no local social da Asociación de Veciños de Morlán, no concello de Trazo.
xunta-local-social-trazo-slide-30-agosto-do-2022_r

Bisbarra, 30 de agosto do 2022 – As axudas da Xunta de Galicia permitiron acometer melloras no local social da Asociación de Veciños de Morlán, no concello de Trazo.

Os traballos en Morlán foron visitados polo delegado territorial, Gonzalo Trenor, O investimento, de 17.000 euros, permitiu actualizar as instalacións e dotalas dunha maior accesibilidade.

Gonzalo trenor con veciños de Morlán, en Trazo

O local social de Morlán conta, a partir de esta reforma, cun novo almacén e unha beirarrúa perimetral a todo o edificio. Tamén se eliminaron as barreiras arquitectónicas mediante a construción dunha rampla de acceso para persoas con mobilidade reducida e instalouse un termo eléctrico e unha estufa de pellets.

O obxectivo foi conseguir un lugar onde os residentes poidan realizar e ter acceso a todo tipo de actividades sociais, culturais e de lecer. O local seguirá servindo para manter reunións das diversas asociacións locais como cumas, asociacións de mulleres e cooperativas que están asentadas no rural e que forman parte da actividade diaria desta zona de Trazo.

Na súa visita, Gonzalo Trenor recordou que a orde de acción comunitaria incrementou este ano o seu orzamento nun 20% con respecto ao 2021, ata acadar os 3 millóns de euros. O reforzo encádrase na aposta da Xunta polo asociacionismo veciñal e a xestión conxunta de bens e servizos por parte da poboación galega.

Segundo informou o representante do Goberno galego, na comarca de Santiago apoiáronse a oito entidades veciñais dos concellos de Santiago, Padrón, Rois, Teo, Trazo e Vedra cunhas axudas que ascenderon a 121.000 euros e que mobilizaron en total case 130.000 euros.

Trenor lembrou que este  investimentos poden ir destinados ao acondicionamento, reforma e ampliación dos locais sociais e á compra de equipamentos básicos para o seu funcionamento, como mobiliario, equipos informáticos e audiovisuais ou material non básico específico para levar a cabo determinadas actividades.

Por outra banda tamén son subvencionables proxectos de mellora, reforma e reparación das instalacións das traídas de auga promovidas por comunidades de usuarios de augas para garantir o abastecemento.

Post navigation

Previous: Compostela rebaixa o custo dos bonos do transporte urbano
Next: Investimento de douscentos mil euros en Frades para mellorar a conexión con Abellá

Máis novas

Compostela acolle do 16 ao 19 de setembro o Hola Nola Lab Fest traendo a Santiago unha parte de Nova Orleans.
4 minutes read
  • Axenda

Hola Nola Lab Fest

Using the appearance options below will override the global Appearance settings.
3 minutes read
  • Xeral

Artesanamente, Compostela é artesanía

As obras de Brión corresponden ao POS + Adicional 2/2026 e mellorará os accesos a trece aldeas
3 minutes read
  • Xeral

Máis de medio millón de euros para 13 aldeas de Brión

“Debaixo do lavadoiro había un anillo d´ouro”, fotografía contemporánea en Compostela
3 minutes read
  • Xeral

“Debaixo do lavadoiro había un anillo d´ouro”, fotografía contemporánea en Compostela

A Concellería de Acción Social, Cultura e Servizos á Cidadanía do Concello da Baña pon en marcha un novo ciclo de monólogos
2 minutes read
  • Xeral

Ciclo de monólogos na Baña

Imaxe do IES que será reformado
3 minutes read
  • Xeral

A Comunidade Escolar do IESP de Ames cuestiona a legalidade do cambio de horario

Municipais 2027: Pedro Blanco, candidato socialista en Compostela, reúnese cos medios de comunicación
3 minutes read
  • Xeral

Municipais 2027: Pedro Blanco, candidato socialista en Compostela, reúnese cos medios de comunicación

15 DJs, selectoras e coleccionistas en tres xornadas dedicadas á cultura do disco como parte do WOS
3 minutes read
  • Xeral

O WOS Festival incluirá o evento Muelle 1931 Shop

Etiquetas

25N (53) alcaldes (78) asociacións e fundacións (2085) Ciencia (115) Comercio e empresa (664) Coronavirus (278) Crechas (38) Cultura (2797) Curtocircuito (40) Deportes (749) Economía (449) Educación (773) eleccions (45) Emprego (241) Entroido (42) Festas e Feiras (619) Festivais (837) Galego (145) Institucións (1433) lixo (88) Mancomunidade de Ordes (45) Mandingo (92) Medio Ambiente (1619) muller (187) Nadal (200) Obradoiro Cab (79) o máis lido da semana (55) Patrimonio (818) Plataforma Casalonga limpa de residuos (81) Plataforma Veciñal Mina Touro O Pino NON (42) Plenos (731) Politica (944) saúde (531) Servizos (2690) sindicatos (109) Social (563) sucesos (131) Tabernalia (184) Tecnoloxía (46) Transporte e estradas (696) Turismo (222) Universidade (582) urbanismo (264) xuntas de goberno (37) Xustiza (120)
  • Facebook
  • X
  • Instagram
  • BSky
  • Youtube
  • Whatsapp
Copyright © 2026 All rights reserved. | MoreNews by AF themes.

We use our own and third-party cookies to ensure the website works properly, measure usage, and improve our services. You can accept all cookies, reject non-essential cookies, or configure your preferences. Cookie policy

Configure cookies

Required for the website to work correctly. They cannot be disabled from this panel.

Help measure site usage and improve its content.

Allow advertising, campaign measurement, or ad personalization.

Store preferences or enable non-essential external content.