займ срочно

O transporte de Santiago acercarase ao Milladoiro pero non recuperará a liña de Ortoño

0

Bisbarra, 15 de xaneiro do 2021 – A nova concesión de transporte urbano de Santiago recuperará unha parada cercana ao Milladoiro pero non contempla repoñer a liña de Ortoño.

O alcalde de Santiago, Xosé Sánchez Bugallo, explicou que a liña de Ortoño é deficitaria e recuperarase se o concello non ten que asumir o custo. A liña viña manténdose desde o ano 1991 e Bugallo estima as perdas anuais en 80.000 euros.

Acercarse ao Milladoiro

O alcalde de Santiago compara a liña de Ortoño coa dos Tilos e explica que o volume de viaxeiros é o que xustifica o funcionamento dun traxecto

Durante moito tempo a liña da Rocha chegaba ata a rotonda do Milladoiro pero un recurso da empresa Autobuses de Calo fixo que se tivera que eliminar. A previsión de Xosé Bugallo é que o urbano de a volta na rotonda e recuperar unha parada en ese entorno

Lugar onde se ubicaba a antiga parada do urbano antes da rotonda do MIlladoiro

 

Sobre a liña de Ortoño o alcalde está disposto a estudar solucións co concello de Ames e a Xunta de Galicia pero sempre que non supoña un custo engadido para Compostela.

Share.

Comments are closed.

Uso de cookies

Este sitio web utiliza cookies para que usted tenga la mejor experiencia de usuario. Si continúa navegando está dando su consentimiento para la aceptación de las mencionadas cookies y la aceptación de nuestra política de cookies, pinche el enlace para mayor información.plugin cookies

ACEPTAR
Aviso de cookies