займ срочно

Os traballadores da Escola de Música de Santiago denuncian que seguen sen cobrar

0

Compostela, 19 de novembro do 2020 – Os traballadores da Escola de Música de Santiago veñen de emitir un comunicado no que denuncian que seguen sen cobrar unha nómina completa desde o mes de setembro.

Os empregados da Escola de Música lembran que se está prestando o servizo con total normalidade e, aínda así, o 1 de decembro levarán 3 nóminas sen ingresar. Os traballadores mostran a súa preocupación xa que a continuidade da Escola de Música depende tan só da súa vontade.

Un problema antigo

Os traballadores explican que levan traballando todo o ano, mesmo durante o confinamento, e desde maio os retrasos nas nóminas foron constantes. A última nómina completa que cobraron foi a de agosto. Din estar nun situación límite “tanto económica como emocionalmente porque nestes momentos sentimos que os únicos que están a asumir a responsabilidade real do servizo municipal somos exclusivamente nós”.

Imaxe de arquivo dunha protesta dos traballadores da escola

Denuncian “a situación de desatención que estamos a vivir, a ausencia de respostas concretas, de solucións inmediatas e de información fluída e veraz que nos permita ver cando será posible cobrar”. A única resposta recibida ata o momento, din,  é que non se sabe cando se vai cobrar e reclaman  que se restableza inmediatamente a normalidade dos pagos así como que se tomen medidas para que esta situación non se volva repetir.

Avaliación da CIG-Ensino da situación

CIG-Ensino, como representación dos traballadores e traballadoras, apoian as reivindicacións e lembran que se trata dunha cuestión que que lle compete exclusivamente á empresa. Por outra banda o sindicato esíxelle ao concello “que deixe de mirar para o outro lado e que lle efectúe á empresa os pagamentos pendentes para que esta poida contar con liquidación. É inadmisíbel que os sucesivos gobernos de Santiago maltraten deste xeito un servizo tan importante para a cidade coma este”.

Share.

Comments are closed.

Uso de cookies

Este sitio web utiliza cookies para que usted tenga la mejor experiencia de usuario. Si continúa navegando está dando su consentimiento para la aceptación de las mencionadas cookies y la aceptación de nuestra política de cookies, pinche el enlace para mayor información.plugin cookies

ACEPTAR
Aviso de cookies