Compostela, 9 de maio do 2024 – Santiago converterase na capital da enfermaría dermatolóxica e tratamento da pel no XVII Congreso Nacional de Enfermaría Dermatolóxica, Dermatocosmética e Feridas.
Impulsado pola Asociación Nacional de Enfermaría Dermatolóxica e Investigación da Integridade Cutánea (ANEDIDIC), o encontro de Santiago prevé congregar até 400 profesionais e máis de 30 relatores internacionais de reputada traxectoria.
Unha das novidades será a celebración do 1º Simposio Iberoamericano de Coidados da Pel, no que participarán relatores de países como Arxentina, Chile, México, Colombia ou Uruguai, ademais de representantes de Portugal e España.
As inscricións continúan abertas na web www.congresoanedidic2024.com O congreso conta ademais cun cento de comunicacións candidatas a ser presentadas nos dous días de duración.
Dispositivos 3D e tratamento de feridas de guerra
Ademais de ofrecer relatorios e debates sobre actualidade en Dermatoloxía, Dermatocosmética e Feridas, o XVII Congreso de ANEDIDIC contará en Compostela cunha serie de intervencións nas que destacan temáticas como as valoracións da pel en persoas afrodescendentes e mestizas; o tratamento das feridas de guerra; a maquillaxe terapéutica ou a micro pigmentación oncolóxica.
Espazo expositivo
O amplo programa científico en Santiago inclúe tamén a celebración de talleres prácticos e simposios, que se combinarán coa actividade na sala plenaria e cun amplo espazo expositivo no que participará unha quincena de recoñecidas firmas do sector.
Poderanse atopar laboratorios farmacéuticos de referencia internacional no sector da Enfermaría Dermatolóxica e Dermatocosmética como URGO, Essity, Ozoaqua, SDOMedical ou Izasa Medical. A cita congresual está avalada pola Federación de Empresas de Tecnoloxía Sanitaria (FENIN).
O 17º Congreso nacional Enfermaría de Dermatoloxía, Dermatocosmética e Feridas celebrarase en Santiago do días 23 e 24 de este mes de maio no Hotel Oca Puerta del Camino.