Skip to content
Lindeiros

Lindeiros

Lindeiros, o xornal da bisbarra de Compostela e da súa capital,

Primary Menu
  • Xeral
  • Axenda
  • Concellos
  • Contacta
  • Compostela
  • Xeral

A criminalidade en Compostela creceu un 25% desde o 2017

O PP de Santiago reclama medidas ante o aumento da delincuencia en Compostela. Desde o 2017, segundo o ministerio do interior, creceu un 25%.
compostela-aumenta-delicuencia-slide-6-maio-2024_r

Compostela, 6 de maio do 2024 – O Partido Popular de Santiago reclama medidas ante o aumento da delincuencia en Compostela. Desde o 2017, segundo os datos do ministerio do interior, creceu un 25%.

Nunha rolda de prensa na que reclamou a activación da gravación nas cámaras de seguridade da cidade; o concelleiro popular José Ramón de la Fuente explicou os datos que os levan a está petición.

De la Fuente dixo que “crecen todas as figuras delituosas salvo as estafas informáticas, aumentando os delitos contra a liberdade sexual, en case un 60%, rexistrando o maior número de delitos desde 2016; e os roubos con forza en domicilios e establecementos, que suben máis de un 71%, a maior cifra nos últimos 8 anos”.

O Partido Popular tamén explica que o pasado ano, Santiago sufriu o segundo maior incremento da criminalidade en Galicia, só detrás de Lugo. De la Fuente reclama que “as cámaras de videovixilancia e do proxecto Smartiago que temos instaladas, sobre todo as do Casco Histórico, cumpran a súa función, pero a realidade é que, actualmente, ou non gravan ou as imaxes son inservibles, polo que os efectivos policiais non poden empregalas para o esclarecemento de delitos”.

O popular remarcou que desde o goberno municipal “non dan unha razón convincente de porque non queren que se empreguen as cámaras e, a tenor do que están facendo, a veciñanza debe saber que a inversión en seguridade non é economicamente rendible”.

De la Fuente engade que “Non se pode negar que volveron os altercados ao Toural; proliferan os narcopisos; cada vez son máis frecuentes os asaltos a comercios; os veciños padecen macrofestas ilegais multitudinarias en naves abandonadas; e, recentemente, podemos presenciar persecucións automobilísticas, datos que corroboran os publicados polo Ministerio de Interior”.

Post navigation

Previous: Chegan as Festas da Ascensión
Next: A Xunta aborda co concello de Oroso as necesidades do parque empresarial

Máis novas

Alex-Doval-alcalde-Oroso-slide-17-xullo-2023_6764_r
3 minutes read
  • Xeral

Municipais 2027: Alex Doval, alcalde de Oroso

ames reconhecemento extraxudicial 14 setembro 2026
6 minutes read
  • Xeral

Novo recoñecemento extraxudicial do concello de Ames

Rois: O Pleno aproba volver licitar o Servizo de Axuda no Fogar
4 minutes read
  • Xeral

Rois licita de novo o Servizo de Axuda no Fogar

Compostela acolle do 16 ao 19 de setembro o Hola Nola Lab Fest traendo a Santiago unha parte de Nova Orleans.
4 minutes read
  • Axenda

Hola Nola Lab Fest

Using the appearance options below will override the global Appearance settings.
3 minutes read
  • Xeral

Artesanamente, Compostela é artesanía

As obras de Brión corresponden ao POS + Adicional 2/2026 e mellorará os accesos a trece aldeas
3 minutes read
  • Xeral

Máis de medio millón de euros para 13 aldeas de Brión

“Debaixo do lavadoiro había un anillo d´ouro”, fotografía contemporánea en Compostela
3 minutes read
  • Xeral

“Debaixo do lavadoiro había un anillo d´ouro”, fotografía contemporánea en Compostela

A Concellería de Acción Social, Cultura e Servizos á Cidadanía do Concello da Baña pon en marcha un novo ciclo de monólogos
2 minutes read
  • Xeral

Ciclo de monólogos na Baña

Etiquetas

25N (53) alcaldes (78) asociacións e fundacións (2085) Ciencia (115) Comercio e empresa (664) Coronavirus (278) Crechas (38) Cultura (2797) Curtocircuito (40) Deportes (749) Economía (449) Educación (773) eleccions (45) Emprego (241) Entroido (42) Festas e Feiras (619) Festivais (837) Galego (145) Institucións (1433) lixo (88) Mancomunidade de Ordes (45) Mandingo (92) Medio Ambiente (1619) muller (187) Nadal (200) Obradoiro Cab (79) o máis lido da semana (55) Patrimonio (818) Plataforma Casalonga limpa de residuos (81) Plataforma Veciñal Mina Touro O Pino NON (42) Plenos (733) Politica (945) saúde (531) Servizos (2690) sindicatos (109) Social (563) sucesos (131) Tabernalia (184) Tecnoloxía (46) Transporte e estradas (696) Turismo (222) Universidade (582) urbanismo (264) xuntas de goberno (37) Xustiza (120)
  • Facebook
  • X
  • Instagram
  • BSky
  • Youtube
  • Whatsapp
Copyright © 2026 All rights reserved. | MoreNews by AF themes.

We use our own and third-party cookies to ensure the website works properly, measure usage, and improve our services. You can accept all cookies, reject non-essential cookies, or configure your preferences. Cookie policy

Configure cookies

Required for the website to work correctly. They cannot be disabled from this panel.

Help measure site usage and improve its content.

Allow advertising, campaign measurement, or ad personalization.

Store preferences or enable non-essential external content.