Skip to content
Lindeiros

Lindeiros

Lindeiros, o xornal da bisbarra de Compostela e da súa capital,

Primary Menu
  • Xeral
  • Axenda
  • Concellos
  • Contacta
  • Compostela
  • Entrevistas
  • Reportaxes
  • Xeral

Nara, Asia entre rúas

Nara-bar-slide-16-maio-2024_9494_r

En Tabernalia queremos contar as historias da hostalería de Compostela e da bisbarra. Non falamos de gastronomía, falamos das persoas que a fan posible.

Fuxir por un momento de Compostela e plantarse nunha ruela de Tokio é algo moito máis doado desde hai uns meses.

Nara é un local de comida asiática aberto por Humbert e Tamara e, a dicir de quen estivo nos dous sitios (Tokio e Compostela), un pode illarse ata o punto de esquecer onde está. O feito de atoparse nun espazo como a Ruela de Entrerruas axuda moito.

Un catalán e unha galega da Pobra que se coñeceron traballando en Barcelona e que combinan no seu local a paixón pola restauración e por todo o asiático. Nas paredes podemos ver imaxes do mítico Estudio Ghibli que ven de gañar o Óscar á mellor película de animación e unha Palma de Ouro honorífica en Cannes. Con ese fondo, Humbert e Tamara cóntannos o seu particular anime vital

As veces hai que facer da necesidade virtude. Isto foi o que lle pasou a Humbert xa que a súa aprendizaxe na comida asiática naceu cando foi despedido dun local. En calquera caso Nara é algo distinto, como puntualiza Tamara; podería ser un restaurante asiático levado de xeito familiar pero en realidade é un restaurante familiar que ofrece comida asiática. Pode parecer o mesmo, pero non o é.

Para Tamara Compostela, o anime ou a comida asiática forman parte da súa vida así que séntese como na súa casa. Un fogar que encaixou como un guante no negocio que Humbert e ela decidiron montar. A pandemia deixou moitas cicatrices pero abriu camiños cos que ninguén contaba e o deles acabou en Compostela e en Nara.

O pequeno local triunfa case desde o primeiro día. Non fan reservas pero usan lista de espera virtual. Os primeiros días de uso de esta ferramenta tiveron os seus atrancos xa que, como sempre pasa, non todo o mundo é tolerante. Tamara ve as redes sociais e os comentarios con mías distancia, a Humbert cóstalle algo máis.

Non podemos rematar a conversa sen pedir unha recomendación. Humbert o ten claro, aínda que sexa do que máis traballo lle da aposta polos baos.

Nara é un local na liña dos que acostumamos a mostrar en Lindeiros. Especializado, personalizado arredor dunha idea, pero sobre todo feito desde o corazón. Tamara e Humbert poñen toda a paixón no que fan e iso acaba por chegar ao cliente. Más alá de ofertas tópicas, Nara trae a Compostela un anaco de Asia aínda que sexa nas mans dun catalán e unha galega. Non deixedes de probar, agardar para entrar paga a pena.  

Post navigation

Previous: Ventín rexeita a nova proposta do concello de Ames para ampliar o comedor
Next: “Un canto na procura da luz” mostra en Compostela a figura de Luísa Villalta

Máis novas

compostela feiito a man 4 agosto 2026
4 minutes read
  • Axenda

Comeza o XXIII edición do Feito a Man

compostela festival c 4 agosto 2026
3 minutes read
  • Axenda

O Festival C enche Compostela

TOURO VEST VERA 1 AGOSTO 2026
2 minutes read
  • Xeral

Noites no Ulla, a edición de verán de Ulla Fest

Ponte de San Lázaro Noia
2 minutes read
  • Xeral

Noia renovará a ponte peonil de San Lázaro

compostela centro mercadprias 31 xullo 2026
6 minutes read
  • Compostela

Nova etapa en Compostela na distribución de mercadorías

frades pleno xullo 31 xullo 2026
4 minutes read
  • Frades

Frades destina 95.000 euros de fondos propios a mellora de pistas

teo pleno extraordinario sobre o concello slide 1 setembro 2025.jpeg
3 minutes read
  • Teo

Teo aproba definitivamente os cambios no PXOM

compostela demandantes de vivenda 24 outubro 2018_slide
8 minutes read
  • Xeral

Compostela xa é unha zona de mercado residencial tensionado

Etiquetas

25N (53) alcaldes (78) asociacións e fundacións (2084) Ciencia (115) Comercio e empresa (662) Coronavirus (278) Crechas (38) Cultura (2787) Curtocircuito (40) Deportes (749) Economía (449) Educación (771) eleccions (44) Emprego (241) Entroido (42) Festas e Feiras (619) Festivais (835) Galego (143) Institucións (1430) lixo (88) Mancomunidade de Ordes (45) Mandingo (92) Medio Ambiente (1618) muller (187) Nadal (200) Obradoiro Cab (79) o máis lido da semana (55) Patrimonio (816) Plataforma Casalonga limpa de residuos (81) Plataforma Veciñal Mina Touro O Pino NON (42) Plenos (730) Politica (942) saúde (529) Servizos (2682) sindicatos (109) Social (561) sucesos (130) Tabernalia (184) Tecnoloxía (46) Transporte e estradas (694) Turismo (222) Universidade (582) urbanismo (264) xuntas de goberno (37) Xustiza (120)
  • Facebook
  • X
  • Instagram
  • BSky
  • Youtube
  • Whatsapp
Copyright © 2026 All rights reserved. | MoreNews by AF themes.

We use our own and third-party cookies to ensure the website works properly, measure usage, and improve our services. You can accept all cookies, reject non-essential cookies, or configure your preferences. Cookie policy

Configure cookies

Required for the website to work correctly. They cannot be disabled from this panel.

Help measure site usage and improve its content.

Allow advertising, campaign measurement, or ad personalization.

Store preferences or enable non-essential external content.