займ срочно

Toysal converte o proxecto da planta de residuos de Calo nunha restauración

0

Teo, 15 de setembro do 2018 – A empresa Toysal, promotora da planta de residuos de Calo en Teo, ven de presentar ante a Xunta un plan de restauración da canteira que inclúe teconosolos similares aos que pretendía reciclar.

O concello de Teo recibiu este venres unha solicitude de informe sobre o mencionado plan de restauración presentado por Toysal, propietaria da antiga canteira. Na documentación a empresa indica os residuos cos que pretende encher o oco actual e que incluirían inertes obtidos dos seguintes procesos: residuos de prospección, extracción de minas e tratamentos físicos e de minerais; residuos de procesos térmicos; da construción e demolición e residuos municipais. O volume de materiais chegaría aos nove millóns de metros cúbicos.

O Concello de Teo dispón agora de 10 días hábiles para “a emisión do correspondente informe sobre materias da súa competencia”. Neste caso a única competencia sería urbanística. Dende o departamento de Urbanismo solicitaron hai días unha entrevista co Director Xeral de Minas, Ángel Bernardo Tahoces, na que se pedía precisamente información sobre o plan de restauración.

Share.

Comments are closed.

Uso de cookies

Este sitio web utiliza cookies para que usted tenga la mejor experiencia de usuario. Si continúa navegando está dando su consentimiento para la aceptación de las mencionadas cookies y la aceptación de nuestra política de cookies, pinche el enlace para mayor información.plugin cookies

ACEPTAR
Aviso de cookies