Skip to content
Lindeiros

Lindeiros

Lindeiros, o xornal da bisbarra de Compostela e da súa capital,

Primary Menu
  • Xeral
  • Axenda
  • Concellos
  • Contacta
  • Teo

Toysal intenta pechar a estrada que bordea a canteira da Casalonga en Teo

A empresa Toysal, propietaria da canteira da Casalonga en Teo, intentou pechar cunha cancela a estrada que bordea o lugar.
teo-toysal-slide-20-outubro-2020_r

Table of Contents

Toggle
  • Teo, 20 de outubro do 2020 – A empresa Toysal, propietaria da canteira da Casalonga en Teo, intentou pechar cunha cancela a estrada que bordea o lugar.
    • Movementos previos

Teo, 20 de outubro do 2020 – A empresa Toysal, propietaria da canteira da Casalonga en Teo, intentou pechar cunha cancela a estrada que bordea o lugar.

A estrada en cuestión é froito dun antigo debate sobre a quen pertence. O concello considera que, según a documentación da que dispón, é de propiedade municipal mentres que a empresa Toysal defende que é súa aínda que non aporta probas.

Este luns veciños que pasaban pola estrada sorprendéronse ao ver como varios vehículos colocaban maquinaria na calzada coa intención de instalar unha cancela que pechara o paso. Alertada a Policía Local e a Garda Civil no lugar presentáronse tamén o alcalde Rafa Sixto,e  a primeira tenente de alcalde e concelleira de urbanismo, Uxía Lemus, acompañados do arquitecto municipal.

Mentres a Garda Civil impedía aos veciños que se foron congregando achegarse ao lugar, os responsables municipais discutían cos representantes de Toysal. Tras varias horas a empresa finalmente retirou as máquinas e a estrada permaneceu aberta. O alcalde, rafa Sisto, explicaba onte que, incluso no caso de que a estrada fora da empresa, tería que ter pedido permiso para a obra cosa que tampouco se chegou a facer.

O usuario de Facebook Marki NH oS subía á rede este vídeo no momento en que se producían os feitos 

 

Movementos previos

Desde a Plataforma Casalonga Limpa de Residuos explican que esta acción de Toysal foi precedida  de varios movementos nas últimas semanas que, para eles, non son coincidencias.

Según contan desapareceu o sinal de limitación de tonelaxe da mesma vía pero o concello o repón tras coñecer a súa desaparición. Aparece varias veces aberta a válvula de peche da auga da lagoa da canteira e a plataforma puxo este acontecemento en coñecemento de Augas de Galicia e da policía autonómica.

Na última semana a Dirección Xeral de Minas comunica ao Concello e ao presidente da Plataforma que en agosto arquivaron o expediente de caducidade da canteira. Un expediente que foi iniciado por eles mesmos. A Xunta alega que as razóns que lles levaron a iniciar a caducidade (a inactividade na canteira) non se poden demostrar. Ademais, nese comunicado, expoñen tamén que non consideran parte interesada no expediente nin ao Concello nin ao presidente da Plataforma. O alcalde, Rafa Sisto, é da mesma opinión “a responsabilidade directa da Dirección Xeral de Minas que, coas súas decisións arbitrarias envalentona aos propietarios da concesión mineira”. 

Para a Plataforma Casalonga Limpa de Residuos “a coincidencia no tempo de todos estes feitos son, cando menos, sospeitosos e pon en alarma á veciñanza”.

 A plataforma, nunha reunión de urxencia onte á noite prepárase para presentar accións legais. Este mércores reuniranse o presidente e vicepresidente da plataforma, o alcalde e a conselleira de urbanismo coa Directora Xeral de Medio Ambiente nunha xuntanza convocada antes dos últimos acontecementos.

Post navigation

Previous: Reclaman melloras nas instalacións deportivas de Val do Dubra
Next: O Covid segue crecendo en Compostela e Ordes (20/10/2020)

Máis novas

deputacion-variante-cacheiras-slide-18-outubro-2018_r
2 minutes read
  • Xeral

Problemas nas obras da variante de Cacheiras

compostela-transporte-urbano-slide-30-agosto-2022_r
2 minutes read
  • Xeral

O concello de Teo esixe manter a liña 12 do urbano de Santiago

teo rois obradoiro dual 30 setembro 2026
2 minutes read
  • Xeral

Rois e Teo seleccionarán 20 persoas para un novo obradoiro dual de emprego

PUBLI TEO RUTA ROMAINICO SETEMBRO 2026
1 minute read
  • Xeral

III Ruta do Románico Teense

bng-parlamento-ag-59-slide-normal-3-outubro-2022_r
3 minutes read
  • Xeral

Piden melloras en Pontevea, Teo, despois da ampliación da AG-59

Lucía Calvo de la Uz alcaldesa de Teo polo Partido Popular
4 minutes read
  • Entrevistas

Municipais 2027: Lucía  Calvo, alcaldesa de Teo

teo pleno extraordinario sobre o concello slide 1 setembro 2025.jpeg
3 minutes read
  • Teo

Teo aproba definitivamente os cambios no PXOM

Alfonso Rueda percorrendo o novo tramo da AG-59
3 minutes read
  • Xeral

A Estrada máis cerca de Compostela

Etiquetas

25N (53) alcaldes (78) asociacións e fundacións (2085) Ciencia (115) Comercio e empresa (665) Coronavirus (278) Crechas (38) Cultura (2814) Curtocircuito (40) Deportes (750) Economía (449) Educación (776) eleccions (48) Emprego (244) Entroido (42) Festas e Feiras (622) Festivais (837) Galego (146) Institucións (1439) lixo (88) Mancomunidade de Ordes (45) Mandingo (92) Medio Ambiente (1622) muller (187) Nadal (200) Obradoiro Cab (79) o máis lido da semana (55) Patrimonio (823) Plataforma Casalonga limpa de residuos (81) Plataforma Veciñal Mina Touro O Pino NON (42) Plenos (735) Politica (949) saúde (533) Servizos (2698) sindicatos (109) Social (563) sucesos (133) Tabernalia (184) Tecnoloxía (46) Transporte e estradas (702) Turismo (223) Universidade (585) urbanismo (264) xuntas de goberno (37) Xustiza (120)
  • Facebook
  • X
  • Instagram
  • BSky
  • Youtube
  • Whatsapp
Copyright © 2026 All rights reserved. | MoreNews by AF themes.

We use our own and third-party cookies to ensure the website works properly, measure usage, and improve our services. You can accept all cookies, reject non-essential cookies, or configure your preferences. Cookie policy

Configure cookies

Required for the website to work correctly. They cannot be disabled from this panel.

Help measure site usage and improve its content.

Allow advertising, campaign measurement, or ad personalization.

Store preferences or enable non-essential external content.