Skip to content
Lindeiros

Lindeiros

Lindeiros, o xornal da bisbarra de Compostela e da súa capital,

Primary Menu
  • Xeral
  • Axenda
  • Concellos
  • Contacta
  • Touro

A tensión en Touro segue crecendo

A tensión no concello de Touro segue crecendo a raíz do pleno municipal do pasado venres no que o alcalde recoñeceu estar a favor da mina, "si se soluciona o da auga"
Cartel nunha manifestación en contra da reapertura da mina de Touro

Table of Contents

Toggle
  • Touro, 30 de setembro do 2019 – A tensión no concello de Touro segue crecendo a raíz do pleno municipal do pasado venres no que o alcalde recoñeceu estar a favor da mina, “si se soluciona o da auga”, e votando e contra de declarar a emerxencia climática no concello.
    • O alcalde a favor da mina
    • Unha balsa que desaparece

Touro, 30 de setembro do 2019 – A tensión no concello de Touro segue crecendo a raíz do pleno municipal do pasado venres no que o alcalde recoñeceu estar a favor da mina, “si se soluciona o da auga”, e votando e contra de declarar a emerxencia climática no concello.

segue a tensión en TouroA tensión non está provocada só polo conflito da mina, os cheiros provocados pola empresa Tratamientos Ecológicos del Noroeste (TEN) levaron á mobilización da veciñanza nas últimas semanas.

O alcalde a favor da mina

O pleno, que estaba convocado para a unha e media do mediodía, alongouse ata as seis da tarde, pois eran múltiples os temas a tratar.

Monmento do pleno de TouroA nota destacable foi o recoñecemento público e sen titubeos do alcalde, Ignacio Codesido, da súa postura claramente a favor da apertura da mina. O concelleiro do BNG, Xoán Antón Louzao, pedíalle un posicionamento claro ao alcalde, Ignacio Codesido, insistindo en que non valían medias tintas se o concello quedaba sen auga

 

https://lindeiros.net/wp-content/uploads/2019/09/plataforma-touro-alcalde-codesido-pleno-a-fvor-da-mina-30-setembro-2019.mp3

Ademais de este posicionamento do alcalde o grupo popular, con maioría absoluta, votou en contra de pedir unha ampliación de prazo para presentar alegacións ao cuarto informe de avaliación ambiental solicitado ao concello desde a Xunta de Galicia.

O informe leva aparellada ademais a polémica xa que o concello optou nun primeiro momento por encargarllo a unha empresa vinculada a Cobre San Rafael tendo finalmente que buscar outra por “colisión de intereses”.

Unha balsa que desaparece

Por si todo isto fora pouco a Plataforma Mina Touro O Pino NON denuncia que a balsa de Bama, que cando chove verte ao río Ulla, apareceu seca sen que se saiba cando e como vaciouse.

A Plataforma ven de subir a rede o seguinte vídeo no que se aprecian os cambios no lugar no que se atopa a balsa

https://lindeiros.net/wp-content/uploads/2019/09/video-balsa-de-bama-touro.mp4

Post navigation

Previous: Polémica en Ames por compra da compra dun inmoble
Next: XXXVII Carreira Pedestre da Amaía

Máis novas

touro visitas patrimnio slide 7 outubro 2026
2 minutes read
  • Xeral

Touro descobre o seu patrimonio oculto

TOURO VEST VERA 1 AGOSTO 2026
2 minutes read
  • Xeral

Noites no Ulla, a edición de verán de Ulla Fest

imaxe do proxecto da mina de Touro
4 minutes read
  • Xeral

Alertan no Parlamento dos perigos da reapertura da mina de Touro

Os alcaldes de Boqueixón, Ovidio Rodeiro, e Touro, José Manuel Reboredo, nunha das zanxas de canalización de auga
4 minutes read
  • Boqueixón

Boqueixón e Touro colaborarán no abastecemento de auga potable

Estrada de Touro, imaxe de arquivo
2 minutes read
  • Xeral

Touro consegue sacar adiante o POS adicional 2025 da Deputación da Coruña

Momento da entrega da documentación do Pazo de Andeade ao Arquivo Universitario
4 minutes read
  • Xeral

O fondo documental do Pazo de Andeade incorpórase ao Arquivo Histórico universitario

Vista actual da mina de Touro
3 minutes read
  • Xeral

Touro ofrece á veciñanza modelos de alegacións contra o proxecto mineiro

Cartel nunha manifestación en contra da reapertura da mina de Touro
3 minutes read
  • Xeral

A reapertura da mina de Touro de novo unha posibilidade

Etiquetas

25N (53) alcaldes (78) asociacións e fundacións (2085) Ciencia (115) Comercio e empresa (665) Coronavirus (278) Crechas (38) Cultura (2818) Curtocircuito (40) Deportes (750) Economía (450) Educación (777) eleccions (49) Emprego (244) Entroido (42) Festas e Feiras (622) Festivais (837) Galego (146) Institucións (1439) lixo (88) Mancomunidade de Ordes (45) Mandingo (92) Medio Ambiente (1622) muller (187) Nadal (200) Obradoiro Cab (79) o máis lido da semana (55) Patrimonio (824) Plataforma Casalonga limpa de residuos (81) Plataforma Veciñal Mina Touro O Pino NON (42) Plenos (736) Politica (950) saúde (533) Servizos (2699) sindicatos (109) Social (563) sucesos (133) Tabernalia (184) Tecnoloxía (46) Transporte e estradas (703) Turismo (223) Universidade (586) urbanismo (264) xuntas de goberno (37) Xustiza (120)
  • Facebook
  • X
  • Instagram
  • BSky
  • Youtube
  • Whatsapp
Copyright © 2026 All rights reserved. | MoreNews by AF themes.

We use our own and third-party cookies to ensure the website works properly, measure usage, and improve our services. You can accept all cookies, reject non-essential cookies, or configure your preferences. Cookie policy

Configure cookies

Required for the website to work correctly. They cannot be disabled from this panel.

Help measure site usage and improve its content.

Allow advertising, campaign measurement, or ad personalization.

Store preferences or enable non-essential external content.