займ срочно

Touro conta cun novo tractor para para rozas e labores de limpeza

0

Touro, 29 de Nadal do 2017 – O delegado territorial da Xunta na Coruña, Ovidio Rodeiro, fixo entregadun tractor ao alcalde de Touro, Ignacio Codesido.

O tractor está valorado en 90.000 euros.  O concello de Touro adquiriu esta maquinaria grazas a un dos convenios que a Consellería de Medio Rural ven de firmar con entidades locais con fin de mellorar as labores de prevención de incendios. A Consellería de Medio Rural asumiu o custo total do vehículo mentres que Touro paga o IVE. En virtude do acordo o vehículo terá que ser compartido con outros concellos.

O tractor está equipado con cabestrante dianteiro de 10.000 kilos de capacidade de arrastre, desbrozadora de brazo fabricada en ferro fundido e outra desbrozadora traseira con sistema de traballo horizontal e vertical.

Na entrega, ademais de Ovidio Rodeiro e Ignacio Codesido, tamén estiveron membros da corporación municipal de Touro. O alcalde agradeceu a aposta da Consellería de Medio Rural por poñer en mans dos concellos as ferramentas necesarias para combater o lume no monte e manter limpos os espazos e infraestruturas municipais. Pola súa banda, Ovidio Rodeiro destacou “a importancia deste tipo de axudas para os concellos máis pequenos” . Apuntou que os beneficiarios “foron elixidos baixo criterios obxectivos” como ter menos de 10.000 habitantes, o número de entidades de poboación, o uso en común por máis dun municipio dese tractor, que non recibiran motobombas novas por parte de Medio Rural nos últimos cinco anos, nin máis de 90.000 euros no ano 2017 a través do fondo de compensación ambiental.

Os concellos debían cumprir con algunha das seguintes esixencias: ter subscrito o convenio para a participación na prevención e defensa contra incendios forestais durante os anos 2016, 2017 e 2018 nas súas tres liñas de actuación, ter rexistrada algunha Parroquia de Alta Actividade Incendiaria no seu territorio (PAAI) ou que teñan predios recoñecidos da titularidade a través da Lei de mellora territorial agraria de Galicia.

Share.

Comments are closed.

Uso de cookies

Este sitio web utiliza cookies para que usted tenga la mejor experiencia de usuario. Si continúa navegando está dando su consentimiento para la aceptación de las mencionadas cookies y la aceptación de nuestra política de cookies, pinche el enlace para mayor información.plugin cookies

ACEPTAR
Aviso de cookies