Bisbarra, 16 de setembro do 2022 – O Movemento Veciñal de Touro pide ao equipo de goberno que poña en marcha “de xeito inmediato” as escolas deportivas.
O grupo denuncia que o concello de Touro é o único de toda a contorna que non conta con escolas deportivas nin para cativos, nin para adultos. O Movemento Veciñal engade que moitos veciños xa se anotaron en outros concellos para suplir esta carencia.

O grupo político lembra ademais que a concelleira Adela Iglesias “ten dedicación na área de deportes a media xornada cun gasto que supera os 30.000€ anuais”.
No vindeiro pleno levarán unha proposta para que o goberno “de marcha atrás e cumpra coas súas competencias”. Explican que de acordo coa lei de bases de réxime local, no seu artigo 25, entre as competencias propias do concello está a promoción do deporte e instalacións deportivas e a ocupación do tempo libre.