займ срочно

Denuncian que o goberno de Touro usa alumeado público para un particular

0

Touro, 24 de xullo do 2019 – A Marea Veciñal de Touro denuncia o uso do alumeado público para unha finca particular dun empresario afín ao Partido Popular.

A Marea lembra que no mes de maio o alcalde de Touro Ignacio Codesido recoñecía que utilizou á empresa concesionaria do alumeado público para colocar os carteis electorais do Partido Popular. O propietario da empresa Electricidade Lorenzo recoñecía ser do Partido Popular e contradicía a versión do alcalde ó afirmar que non cobraba nada por esta labor, cando o rexedor local afirmara que lle pagaría cincuenta ou cen euros sen especificar como os xustificaría.

uso fradulento alumeado públicoA este capítulo de suposta corrupción política súmase, sempre según a Marea Veciñal de Touro, a colocación dunha farola do alumeado público orientada cara a vivenda familiar do propietario da concesionaria. Denuncian que isto supón que o concello pague con cartos de todos a iluminación privada dun empresario afín ó partido.

A marea veciñal rexeita estas prácticas do goberno e ínstao a retirar a farola, reservándose o dereito de tomar as medidas legais que consideren oportunas.

Share.

Comments are closed.

Uso de cookies

Este sitio web utiliza cookies para que usted tenga la mejor experiencia de usuario. Si continúa navegando está dando su consentimiento para la aceptación de las mencionadas cookies y la aceptación de nuestra política de cookies, pinche el enlace para mayor información.plugin cookies

ACEPTAR
Aviso de cookies