займ срочно

Presentada a terceira edición do concurso Balbino de relatos

0

Bisbarra, 26 de xaneiro do 2018 – O Concurso Balbino de Relatos chega á súa terceira edición ampliando a temática dos traballos que poden concorrer a el ás do mar e a emigración, ademais da do rural recollida nas anteriores convocatorias.

Balbino é unha iniciativa de Técnicas & Gramaxe co apoio da Secretaría Xeral de Política Lingüística, da Fundación Xosé Neira Vilas, dos concellos de Vila de Cruces e Boqueixón e mais da Deputación de Pontevedra, e ten como obxectivo promover a literatura escrita en lingua galega e apoiar tanto as escritoras e escritores noveis coma os xa consagrados.

Manuel Núñez de Técnicas & Gramaxe explicaba a ampliación na temática admitida

Manuel Reimondez, presidente da Fundación Neira Vilas, lembrou o especial de esta edición xa que a Fundación cumpre 25 anos

O Deputado provincial Xosé Leal destacou a importancia e a necesidade de apoiar este tipo de premios

Rematou o acto o Secretario Xeral de Política Lingüística Valentín García, bo coñecedor dos gustos de Neira Vilas quixo destacar o nivel dos participantes e a coherencia na ampliación da temática

As autoras e autores que así o desexen, poderán presentar a este 3º Concurso Balbino de Relatos os seus textos orixinais, propios e inéditos (relatos ou serie de relatos) inspirados nas mencionadas temáticas ata o vindeiro 30 de xuño para concorreren a un premio único de 1500 euros e á publicación da obra por Edicións Fervenza.

Na súa primeira edición fíxose co premio o coruñés Xián Lois Alcayde Dans, pola obra Camiños na sombra, e na segunda o ourensán Ricardo Cid, pola obra De que falarán as árbores.

Share.

Comments are closed.

Uso de cookies

Este sitio web utiliza cookies para que usted tenga la mejor experiencia de usuario. Si continúa navegando está dando su consentimiento para la aceptación de las mencionadas cookies y la aceptación de nuestra política de cookies, pinche el enlace para mayor información.plugin cookies

ACEPTAR
Aviso de cookies