Bisbarra, 28 de febreiro do 2024 – Durante dous meses está sometido a exposición pública o SUND 12 de Teo no que se desenvolverá o polígono da Ramallosa.
O Solo Urbanizable non Delimitado, SUND 12, é un plan parcial que abarca 15 hectáreas e no que se quere desenvolver un polígono industrial e comercial no núcleo da Ramallosa.
Coa publicación no DOGA sus péndense por un período de dous anos o outorgamento de licenzas de parcelación de terreos, edificación e demolición no ámbito do citado plan parcial. Unha vez concluída a fase de exposición pública e recibidos os informes sectoriais, será necesario valorar as alegacións que puideran presentarse antes de someter o plan ao ditame de aprobación definitiva.
Datos do futuro polígono
Este proxecto ten como obxectivo o desenvolvemento urbanístico de máis de 15 hectáreas de terreo industrial e terciario- na Ramallosa, aos dous lados da estrada autonómica AC-841, para a construción dun polígono cun deseño de escaparate cara a estrada.
Inclúese tamén a reserva de solo para dispoñer dun aparcamento de 144 prazas próximo ás paradas de autobús e 2,85 hectáreas de zona verde.
Prevese expropiar 115.309 metros cadrados, unha superficie que no inicio do expediente estaba dividida en 43 parcelas pertencentes a unha trintena de propietarios. A notificación a estas persoas fíxose a través da publicación do anuncio no Boletín Oficial do Estado.