Skip to content
Lindeiros

Lindeiros

Lindeiros, o xornal da bisbarra de Compostela e da súa capital,

Primary Menu
  • Xeral
  • Axenda
  • Concellos
  • Contacta
  • Teo
  • Xeral

O TSXG anula o plan de restauración da mina da Casalonga en Teo

O TSXG, ven de anular o plan de restauración da canteira da Casalonga aprobado no seu día pola Xunta de Galicia.
casalonga-limpa-de-residuos-pancarta-slide-normal-26-agosto-2021_r

Bisbarra, 9 de febreiro do 2024 – O Tribunal Superior de Xustiza de Galicia, TSXG, ven de anular o plan de restauración da canteira da Casalonga, en Teo, aprobado no seu día pola Xunta de Galicia.

A decisión do tribunal responde á impugacion presentada pola Plataforma Casalonga Limpa de Residuos. A sentencia incide ademais no feito de que moitas das accións tomadas na canteira, como foron as voladuras, non se podían realizar sen que o plan de restauración estivese aprobado.

A empresa pode presentar un recurso de casación o apelar ao Tribunal Supremo aínda que as posibilidades de prosperar en ambos os dous casos son moi poucas.

No caso de que Toysal quixera reabrir a canteira o afrontar outro plan de restauración tería que solicitar de novo unha Declaración de Impacto Ambiental. Esta declaración sería moito máis difícil que saíra adiante xa que tería que aterse aos criterios da lei actual. O plan aprobado pola Xunta e anulado agora polo TSXG fora feito cos criterios de hai vinte anos, unha das cuestións polas que se produce a anulación.

Jaime García, presidente da Plataforma Casalonga Limpa de Residuos, explícanos que a sentencia é moi clara e que a Plataforma tiña razón en todo momento de que todo o feito por Toysal estaba mal

A Plataforma Considera que aínda que existen esas posibilidade de recorrer a posición de Toysal é con esta sentencia moi mala

Preguntamos tamén pola relación co novo equipo de goberno despois dos desencontros no final do anterior mandato. Jaime García recoñece que a relación é fluída, máis que antes, e que en todo momento estiveron informados das conversacións que se tiñan.

Desde a Plataforma esperan que a Dirección Xeral de Minas decida que facer unha vez a sentencia sexa definitiva. O criterio deberá ser anular a concesión pero é algo que está aínda por ver.

Post navigation

Previous: A Baña abona 700.000 euros en facturas pendentes
Next: Ata o 13 de febreiro a filloa de Lestedo protagonista na cafetería do Corte Inglés

Máis novas

bisbarra eleccions e lista 14 outubro 2026
4 minutes read
  • Xeral

Municipais 2027: tambores de eleccións, os partidos moven fichas

frades oroso obra enlace 14 outubro 2026 (3)
3 minutes read
  • Xeral

Frades e Oroso arranxan a estrada de O Fontelo a A Igrexa

no adscritas sabugueir labacollla 9 de outubro do 2026
6 minutes read
  • Xeral

Críticas ao PIA de Sabugueira, en Compostela

composyela transitos fest 9 outubro 2026
4 minutes read
  • Xeral

Tránsitos Fest

USC LEGO SERIOUS PLAT 8 DE OUTUBRO DO 2026 (1)
2 minutes read
  • Xeral

Emprender xogando con Lego e a USC

AMES CONTRATO DE MANTEMENTO DE LUMINARIAS 8 DE OUTURBRO DO 2026
4 minutes read
  • Xeral

Ames presenta o novo servizo de mantemento do alumeado público

compostela reapertura museo de maxia 18 novembro 2025 (1)
3 minutes read
  • Xeral

O Museo da Maxia de Galicia crea unha Escola de Maxia 

brion orzamento 07 outubro 20026
3 minutes read
  • Brión

Brión quere aprobar hoxe o orzamento máis alto da súa historia

Etiquetas

25N (53) alcaldes (78) asociacións e fundacións (2085) Ciencia (115) Comercio e empresa (665) Coronavirus (278) Crechas (38) Cultura (2818) Curtocircuito (40) Deportes (750) Economía (450) Educación (777) eleccions (49) Emprego (244) Entroido (42) Festas e Feiras (622) Festivais (837) Galego (146) Institucións (1439) lixo (88) Mancomunidade de Ordes (45) Mandingo (92) Medio Ambiente (1622) muller (187) Nadal (200) Obradoiro Cab (79) o máis lido da semana (55) Patrimonio (824) Plataforma Casalonga limpa de residuos (81) Plataforma Veciñal Mina Touro O Pino NON (42) Plenos (736) Politica (950) saúde (533) Servizos (2699) sindicatos (109) Social (563) sucesos (133) Tabernalia (184) Tecnoloxía (46) Transporte e estradas (703) Turismo (223) Universidade (586) urbanismo (264) xuntas de goberno (37) Xustiza (120)
  • Facebook
  • X
  • Instagram
  • BSky
  • Youtube
  • Whatsapp
Copyright © 2026 All rights reserved. | MoreNews by AF themes.

We use our own and third-party cookies to ensure the website works properly, measure usage, and improve our services. You can accept all cookies, reject non-essential cookies, or configure your preferences. Cookie policy

Configure cookies

Required for the website to work correctly. They cannot be disabled from this panel.

Help measure site usage and improve its content.

Allow advertising, campaign measurement, or ad personalization.

Store preferences or enable non-essential external content.