займ срочно

Teo aforra case un 30% coa licitación dos seguros

1

Teo, 9 de maio do 2017 – O Concello de Teo vén de rematar a licitación dos seguros asinando os contratos e que suporán un importante aforro para as arcas municipais.

Esta contratación, segundo informa a concelleira de Administración, Conchi García, “permite un aforro de case un 30% do que se viña gastando xa que se acadou un aforro de ó redor de 17.000 euros en todos os riscos cubertos, pasando de 61.000 a 44.000 euros”.

A concelleira de Teo explica que dende o pasado ano o Concello “vén realizando unha reformulación dos contratos de servizos co obxectivo de mellorar as prestacións e reducir os custes dos mesmos”. Agora acaba de adxudicarse o contrato dos seguros e xa se está traballando na licitación de todos os servizos de comunicación e telefonía fixa e móbil.

No caso dos seguros de Teo “traballouse sobre unha optimización dos contratos de seguros, concentrando os riscos de natureza similar que estaban separados en distintas pólizas, incrementáronse as coberturas e rebaixáronse as contías” indica Conchi García.

Deste xeito sacouse unha licitación por lotes: seguro de responsabilidade civil, seguro multirisco sobre os edificios e instalacións municipais, seguro de accidentes e seguro de vehículos e maquinaria agrícola do Concello. Cada un dos lotes tivo unha adxudicataria distinta.

A concelleira de Administración de Teo explica que “ademais do aforro con esta nova contratación prodúcese un incremento xeral en todas as coberturas, subindo o teito indemnizatorio da póliza de responsabilidade civil a un 267% do importe inicial (de 600.000 a 1.600.000 euros) e incrementouse o capital asegurado na póliza de danos propios ao 371% do capital inicial”. Tamén desapareceron franquías das pólizas de danos propios, rebaixáronse as de responsabilidade civil e aumentaron os límites indemnizatorios nas coberturas por accidentes.

Share.

1 comentario

Uso de cookies

Este sitio web utiliza cookies para que usted tenga la mejor experiencia de usuario. Si continúa navegando está dando su consentimiento para la aceptación de las mencionadas cookies y la aceptación de nuestra política de cookies, pinche el enlace para mayor información.plugin cookies

ACEPTAR
Aviso de cookies