Skip to content
Lindeiros

Lindeiros

Lindeiros, o xornal da bisbarra de Compostela e da súa capital,

Primary Menu
  • Xeral
  • Axenda
  • Concellos
  • Contacta
  • Teo
  • Xeral

Seguen os problemas no transporte escolar de Teo

Nas últimas semanas seguen a producirse retrasos e cancelacións no transporte escolar de Teo e o grupo socialista reclama que se convoque o Consello Escolar Municipal.
teo-transporte-escolar-slide-14-setembro-2022_r

Bisbarra, 8 de febreiro do 2023 – Nas últimas semanas seguen a producirse retrasos e cancelacións no transporte escolar de Teo e o grupo socialista reclama que se convoque o Consello Escolar Municipal.

O último caso sucedeu este mesmo luns no CEIP de Calo e os país tiveron, unha vez máis, que substituír ao transporte escolar. Desde o Psoe lembran que este tipo de situacións provocan graves problemas de conciliación e retrasos dos país na entrada do traballo.

Son situacións que se veñen dando de cando en vez desde o inicio do curso. No mes de setembro a deputada socialista Noa Díaz levaba á Comisión de Educación do Parlamento esta problemática e en aquela ocasión a popular Teresa Egerique Mosquera falaba de “casos puntuais” aínda que recoñecía que desde os cambios no servizo, no curso anterior, xa se tiveran que abrir expedientes de incumprimento.

Convocatoria do Consello Local de Educación 

O Psoe de Teo levará ao seguinte pleno unha moción para que se convoque de xeiro “inmediato e urxente” o Consello Escolar Municipal ara que “ditamine sobre o conflitos do transporte escolar, co fin de presentar dito ditame ante as autoridades competentes”.

No segundo punto da moción o Psoe reclama da Consellería de Educación e do Presidente da Xunta “a solución urxente a este conflito, e que se tomen as medidas oportunas co fin de que  á empresa Monbus cumpra co establecido no contrato”.

A ex concelleira de educación do Psoe, Mayte Argibay, engade que os problemas “producense, polo que parece, por que non hai autobuses suficientes para facer tódalas rutas obxecto do contrato, e por este motivo, uns días o autobús acude a unhas paradas nun concello e outros días deixa estas paradas sen servizo para acudir ás que deixara os días anteriores”. 

 O Psoe de Teo lembra que esta falta de autobuses incumpre claramente o contrato en vigor no que se establece un incremento do número mínimo e imprescindible esixido de vehículos, cun 10% adicional dos vehículos de reserva necesarios para cubrir calquera tipo de incidencia ou imprevisto.

Post navigation

Previous: Máis lume en Santiago ao conflito coa empresa Desproi e o aluguer da nave para medio rural
Next: Teo vive xa o Entroido máis tradicional

Máis novas

compostela feiito a man 4 agosto 2026
4 minutes read
  • Axenda

Comeza o XXIII edición do Feito a Man

compostela festival c 4 agosto 2026
3 minutes read
  • Axenda

O Festival C enche Compostela

TOURO VEST VERA 1 AGOSTO 2026
2 minutes read
  • Xeral

Noites no Ulla, a edición de verán de Ulla Fest

Ponte de San Lázaro Noia
2 minutes read
  • Xeral

Noia renovará a ponte peonil de San Lázaro

compostela centro mercadprias 31 xullo 2026
6 minutes read
  • Compostela

Nova etapa en Compostela na distribución de mercadorías

frades pleno xullo 31 xullo 2026
4 minutes read
  • Frades

Frades destina 95.000 euros de fondos propios a mellora de pistas

teo pleno extraordinario sobre o concello slide 1 setembro 2025.jpeg
3 minutes read
  • Teo

Teo aproba definitivamente os cambios no PXOM

compostela demandantes de vivenda 24 outubro 2018_slide
8 minutes read
  • Xeral

Compostela xa é unha zona de mercado residencial tensionado

Etiquetas

25N (53) alcaldes (78) asociacións e fundacións (2084) Ciencia (115) Comercio e empresa (662) Coronavirus (278) Crechas (38) Cultura (2787) Curtocircuito (40) Deportes (749) Economía (449) Educación (771) eleccions (44) Emprego (241) Entroido (42) Festas e Feiras (619) Festivais (835) Galego (143) Institucións (1430) lixo (88) Mancomunidade de Ordes (45) Mandingo (92) Medio Ambiente (1618) muller (187) Nadal (200) Obradoiro Cab (79) o máis lido da semana (55) Patrimonio (816) Plataforma Casalonga limpa de residuos (81) Plataforma Veciñal Mina Touro O Pino NON (42) Plenos (730) Politica (942) saúde (529) Servizos (2682) sindicatos (109) Social (561) sucesos (130) Tabernalia (184) Tecnoloxía (46) Transporte e estradas (694) Turismo (222) Universidade (582) urbanismo (264) xuntas de goberno (37) Xustiza (120)
  • Facebook
  • X
  • Instagram
  • BSky
  • Youtube
  • Whatsapp
Copyright © 2026 All rights reserved. | MoreNews by AF themes.

We use our own and third-party cookies to ensure the website works properly, measure usage, and improve our services. You can accept all cookies, reject non-essential cookies, or configure your preferences. Cookie policy

Configure cookies

Required for the website to work correctly. They cannot be disabled from this panel.

Help measure site usage and improve its content.

Allow advertising, campaign measurement, or ad personalization.

Store preferences or enable non-essential external content.