Skip to content
Lindeiros

Lindeiros

Lindeiros, o xornal da bisbarra de Compostela e da súa capital,

Primary Menu
  • Xeral
  • Axenda
  • Concellos
  • Contacta
  • Teo
  • Xeral

Presentan alegacións contra a instalación dunha nova pirotecnia en Teo

O Grupo Socialista de Teo ven de presentar alegacións contra a intención da Pirotecnia Calo de abrir de novo o seu taller no concello.
psoe-teo-pirotecnia-sollans-slide-normal-13-xullo-2022_r

Bisbarra, 26 de xullo do 2022 – O Grupo Socialista no concello de Teo ven de presentar alegacións contra a intención da Pirotecnia Calo de abrir de novo o seu taller no concello.

As alegacións son asinadas pola voceira socialista Uxía Lemus. A primeira reclama a inhabilitación especial dun dos socios da empresa xa que foi condenado, en outubro do 2009, como autor dun delito de risco causado por substancias explosivas. A sentenza, que o condenou a 21 meses de prisión e unha inhabilitación de nove anos, recolle “moitas similitudes entre o que existía no momento da explosión e o que se solicita agora”. A sentenza recolle ademais “numerosos incumprimentos do Regulamento de explosivos”.

parroquia de Calo onde se ubicaría o taller

A segunda alegación ten que ver coa solicitude presentada ante a subdelegación e que presuntamente incorre en falsidade documental. En dita solicitude explícase que se usaran as instalacións do antigo taller. Na alegación os socialistas lembran que se denegou a licenza municipal para reconstruír o taller polo que indicar que se usaran esas instalacións non se corresponde coa realidade do espazo.

En esta mesma alegación preocupa que se indique que as obras serán menores e non de rehabilitación completa xa que como asina Uxía Lemus “entendemos que pretende que o procedemento para a obtención do título habilitante de tipo municipal sexa a comunicación previa, cando procede un proxecto completo ben para a licenza de legalización das

instalacións ben para a licenza de reconstrución das mesmas”.

A terceira alegación ten que ver co informe de impacto ambiental. A documentación presentada pola empresa non o considera necesario pola altura do lugar de almacenamento. Os socialistas cren por outra banda que un proxecto de transformación de sustancias en explosivos aparece como suposto no que é obrigatorio un informe ordinario de evaluación medio ambiental.

Finalmente os socialistas reclaman dos corpos de seguridade do estado un informe sobre as actividades do dono da pirotecnia, Alfonso Calo Rama. Indican que, segundo se desprende de distintas novas xornalísticas, incumpriu a sentenza que o inhabilitaba para exercer como pirotécnico durante nove anos. Incumprimentos que poderían tamén influír a hora de outorgar a nova licenza a empresa da que forma parte.

Post navigation

Previous: Melloras na estrada de Santa Comba
Next: Danza, música, circo ou contos no Festival C de Compostela

Máis novas

compostela feiito a man 4 agosto 2026
4 minutes read
  • Axenda

Comeza o XXIII edición do Feito a Man

compostela festival c 4 agosto 2026
3 minutes read
  • Axenda

O Festival C enche Compostela

TOURO VEST VERA 1 AGOSTO 2026
2 minutes read
  • Xeral

Noites no Ulla, a edición de verán de Ulla Fest

Ponte de San Lázaro Noia
2 minutes read
  • Xeral

Noia renovará a ponte peonil de San Lázaro

compostela centro mercadprias 31 xullo 2026
6 minutes read
  • Compostela

Nova etapa en Compostela na distribución de mercadorías

frades pleno xullo 31 xullo 2026
4 minutes read
  • Frades

Frades destina 95.000 euros de fondos propios a mellora de pistas

teo pleno extraordinario sobre o concello slide 1 setembro 2025.jpeg
3 minutes read
  • Teo

Teo aproba definitivamente os cambios no PXOM

compostela demandantes de vivenda 24 outubro 2018_slide
8 minutes read
  • Xeral

Compostela xa é unha zona de mercado residencial tensionado

Etiquetas

25N (53) alcaldes (78) asociacións e fundacións (2084) Ciencia (115) Comercio e empresa (662) Coronavirus (278) Crechas (38) Cultura (2787) Curtocircuito (40) Deportes (749) Economía (449) Educación (771) eleccions (44) Emprego (241) Entroido (42) Festas e Feiras (619) Festivais (835) Galego (143) Institucións (1430) lixo (88) Mancomunidade de Ordes (45) Mandingo (92) Medio Ambiente (1618) muller (187) Nadal (200) Obradoiro Cab (79) o máis lido da semana (55) Patrimonio (816) Plataforma Casalonga limpa de residuos (81) Plataforma Veciñal Mina Touro O Pino NON (42) Plenos (730) Politica (942) saúde (529) Servizos (2682) sindicatos (109) Social (561) sucesos (130) Tabernalia (184) Tecnoloxía (46) Transporte e estradas (694) Turismo (222) Universidade (582) urbanismo (264) xuntas de goberno (37) Xustiza (120)
  • Facebook
  • X
  • Instagram
  • BSky
  • Youtube
  • Whatsapp
Copyright © 2026 All rights reserved. | MoreNews by AF themes.

We use our own and third-party cookies to ensure the website works properly, measure usage, and improve our services. You can accept all cookies, reject non-essential cookies, or configure your preferences. Cookie policy

Configure cookies

Required for the website to work correctly. They cannot be disabled from this panel.

Help measure site usage and improve its content.

Allow advertising, campaign measurement, or ad personalization.

Store preferences or enable non-essential external content.