Skip to content
Lindeiros

Lindeiros

Lindeiros, o xornal da bisbarra de Compostela e da súa capital,

Primary Menu
  • Xeral
  • Axenda
  • Concellos
  • Contacta
  • Teo
  • Xeral

Dúas mocións sobre o centro de día motivo de discusións no pleno de Teo

A necesidade dun centro de día en Teo foi o centro das discusións no pleno celebrado na tarde de onte no salón de plenos.
Casa consistorial de Teo

Bisbarra, 26 de outubro do 2023 – A necesidade dun centro de día en Teo foi o centro das discusións no pleno celebrado na tarde de onte.

Imaxe de arquivo dun pleno en Teo

Mentres o Psoe explicaba que apoiarían calquera fórmula que o fixera realidade; PP, PCXT e BNG liábanse en discusións e acusacións cruzadas durante o debate de dúas mocións sobre o centro de día.

A primeira moción ía na orde do día e foi presentada polo BNG. Pedía que “O concello de Teo, a través do seu goberno, procederá a realizar as xestións oportunas e necesarias para que Teo conte cun centro de Día con dotación e persoal a cargo da Xunta de Galicia”.

María López do PCXT consideraba que non tiña sentido a petición xa que había unha convocatoria aberta pendente de resolución e que pedir iso de forma directa daba a entender que a Xunta funcionaba dun xeito mafioso, que non se facían así as cousas.

A alcaldesa, a popular Lucía Calvo, respondía dicindo que o custo do centro de día sería menor que as municipalizacións e que o BNG presentaba a moción sabendo que non a podía aprobar xa que dicía literalmente “o executivo liderado por Núñez Feijoó tomou a decisión de que Teo non debería contar con esta infraestrutura” e que aquilo non era verdade.

Na segunda quenda o voceiro do BNG, Eloi Devesa, explicou que o motivo da moción “é que a Xunta asuma as competencias que lle corresponden” e engadiu que non entendía porque en vez de negociar se unha frase crítica coa Xunta tiña que ir ou non na moción se decidira desvirtuala.

A moción foi rexeitada cos votos de BNG, Psoe e PCXT a favor e do PP en contra.

Moción de urxencia do PP sobre o centro do día

Foi en ese momento cando o PP presentou, por urxencia, a súa propia moción sobre o centro de día. Aprobada a urxencia comezou a quenda de intervencións e na primeira María López do PCXT dixo que “o concello non pode asumir a xestión dun centro de día ata que teña máis de 20.000 habitantes” engadindo que xa postos prefería a moción do BNG.

Eloi Devesa do BNG dixo que tampouco entendía o texto da moción xa que non podía ser “un centro de día municipal ou é un fallo de redacción ou… non pode ser municipal, sinto moito”.

Na súa quenda a alcaldesa popular Lucía Calvo dixo que “o que se lle trasladou á Xunta e a necesidade urxente do centro de día”. Díxolle a María López do PCXT que estivera tranquila que “como administración seria que agora somos todo farase ben e negro sobre branco”. Ao BNG respostoulle sobre a imposibilidade de que sexa municipal “cando cheguemos a esa ponte xa a cruzaremos pero o que vou a tentar conseguir e que Teo conte con ese servizo canto antes”.

Foi na segunda quenda cando máis claras quedaron as posturas. Primeiro a de PCXT, a voceira María López explicou que o centro de día tense que facer segundo as convocatorias da Xunta e que non se pode dicir que xa se cruzará a ponte da xestión

O BNG insistiu tamén en que non estaba de acordo en que tiña que ser municipal que si quitaran esa frase a asumirían

A maior discusión chegou coa última intervención da alcaldesa. Lucía Calvo dou a entender que para o PCXT era máis importante o lixo que as persoas maiores, algo contestado inmediatamente por María López que interrompeu á alcaldesa

Finalmente a moción foi aprobada coso votos favorables de Psoe e PP e as abstencións de PCXT e BNG.

Aquí podedes ver o pleno completo

Post navigation

Previous: Xabier Díaz pechará cun concerto o Open Day do Fairway
Next: Lousame acolle o  XV Certame de Bandas de Música Populares

Máis novas

Compostela acolle do 16 ao 19 de setembro o Hola Nola Lab Fest traendo a Santiago unha parte de Nova Orleans.
4 minutes read
  • Axenda

Hola Nola Lab Fest

Using the appearance options below will override the global Appearance settings.
3 minutes read
  • Xeral

Artesanamente, Compostela é artesanía

As obras de Brión corresponden ao POS + Adicional 2/2026 e mellorará os accesos a trece aldeas
3 minutes read
  • Xeral

Máis de medio millón de euros para 13 aldeas de Brión

“Debaixo do lavadoiro había un anillo d´ouro”, fotografía contemporánea en Compostela
3 minutes read
  • Xeral

“Debaixo do lavadoiro había un anillo d´ouro”, fotografía contemporánea en Compostela

A Concellería de Acción Social, Cultura e Servizos á Cidadanía do Concello da Baña pon en marcha un novo ciclo de monólogos
2 minutes read
  • Xeral

Ciclo de monólogos na Baña

Imaxe do IES que será reformado
3 minutes read
  • Xeral

A Comunidade Escolar do IESP de Ames cuestiona a legalidade do cambio de horario

Municipais 2027: Pedro Blanco, candidato socialista en Compostela, reúnese cos medios de comunicación
3 minutes read
  • Xeral

Municipais 2027: Pedro Blanco, candidato socialista en Compostela, reúnese cos medios de comunicación

15 DJs, selectoras e coleccionistas en tres xornadas dedicadas á cultura do disco como parte do WOS
3 minutes read
  • Xeral

O WOS Festival incluirá o evento Muelle 1931 Shop

Etiquetas

25N (53) alcaldes (78) asociacións e fundacións (2085) Ciencia (115) Comercio e empresa (664) Coronavirus (278) Crechas (38) Cultura (2797) Curtocircuito (40) Deportes (749) Economía (449) Educación (773) eleccions (45) Emprego (241) Entroido (42) Festas e Feiras (619) Festivais (837) Galego (145) Institucións (1433) lixo (88) Mancomunidade de Ordes (45) Mandingo (92) Medio Ambiente (1619) muller (187) Nadal (200) Obradoiro Cab (79) o máis lido da semana (55) Patrimonio (818) Plataforma Casalonga limpa de residuos (81) Plataforma Veciñal Mina Touro O Pino NON (42) Plenos (731) Politica (944) saúde (531) Servizos (2690) sindicatos (109) Social (563) sucesos (131) Tabernalia (184) Tecnoloxía (46) Transporte e estradas (696) Turismo (222) Universidade (582) urbanismo (264) xuntas de goberno (37) Xustiza (120)
  • Facebook
  • X
  • Instagram
  • BSky
  • Youtube
  • Whatsapp
Copyright © 2026 All rights reserved. | MoreNews by AF themes.

We use our own and third-party cookies to ensure the website works properly, measure usage, and improve our services. You can accept all cookies, reject non-essential cookies, or configure your preferences. Cookie policy

Configure cookies

Required for the website to work correctly. They cannot be disabled from this panel.

Help measure site usage and improve its content.

Allow advertising, campaign measurement, or ad personalization.

Store preferences or enable non-essential external content.