займ срочно

Teo pasa a dirixir Compostela Rupestre

0

Teo, 18 de marzo do 2021 – O concello de Teo dirixirá a seguinte etapa do proxecto Compostela Rupestre que comandou no último ano Ames.

O vicepresidente da Deputación da Coruña, Xosé Regueira, e o deputado de Patrimonio, Xosé Luís Penas, xunto con representantes dos concellos de Teo, Ames, Santiago de Compostela, Brión e Val do Dubra participaron na xuntanza do consello directivo de Compostela rupestre celebrado este mércores en Teo.

No marco da reunión, mostrouse o vídeo promocional da riqueza arqueolóxica do territorio e aprobouse o desenvolvemento da redacción do Plan Director para o que se están a iniciar os traballos.

Teo acolleu a primeira xuntanza do consello directivo de Compostela Rupestre na que, entre outras cousas, se estreou o vídeo documental sobre a riqueza arqueolóxica do territorio incluído no parque e se botou a andar a redacción do Plan Director. Ademais do vicepresidente da Deputación, Xosé Regueira e o deputado de Patrimonio, Xosé Luís Penas, participaron na xuntanza o alcalde de Teo, Rafael Sisto ademais das concelleiras Mayte Argibay e María López; a tenente alcalde de Santiago, Mercedes Rosón, o tenente alcalde de Ames, David Santomil e a concelleira Carlota Díaz, a concelleira de Brión, Sandy Marie Cebral e o concelleiro de Val do Dubra, Óscar Del Río Pombo, xunto con persoal técnico das distintas institucións.

O vicepresidente da Deputación e deputado de Turismo destacou na súa intervención que o proxecto inicia un novo tempo presidido polo concello de Teo, que dirixiu xa esta xuntanza achegando distintas propostas, que será fundamental para a súa definición e promoción. Quixo, na súa intervención, destacar o avance desenvolvido no pasado anos co concello de Ames e o tenente alcalde, David Santomil, á fronte en “cuestións básicas como a imaxe corporativa, a elaboración do video, a contratación do plan director ou mesmo a implicación de distintos actores do territorio” que sentou ás bases deste novo tempo que virá definido pola execución do plan director e a promoción do proxecto.

“Toca agora avanzar neste sentido e na difusión do tesouro que temos nas nosas mans para que a poboación coñeza o valor do noso patrimonio para o que é preciso deseñar unha estratexia de aproveitamento do investimento que estamos a realizar co fin de situar este territorio como destino de visitantes ao que se lle pode ofrecer un producto diversificado, con puntos de interese ademais dos Camiños e a Catedral”, destacou Xosé Regueira.

Plan director en marcha

O plan director, que ten seis meses como prazo de execución e foi adxudicado por concurso á empresa Trivium, ten como obxectivos investigar o patrimonio rupestre dos municipios que integran o proxecto; protexer, manter e conservar a riqueza arqueolóxica e o seu ámbito físico, divulgar e comunicar e deseñar o modelo de xestión de cara a actuacións futuras.

O plan recollerá as estacións rupestres que forman parte do parque e que están incluídas actualmente na web www.compostelarupestre.gal. Entre outros petróglifos, estudaranse os do Vilar, Nave de Mourigade, Monte das Pedras, Oca e Peneda Negra no concello de Ames; Monte Pumariño en Brión; Correxíns, O Rexio, Rula 1 e 2, Os Cortellos 3 ou Pedra a Loba, Castriño de Conxo e A Pedra que Fala en Santiago de Compostela; Río Angueira 1 e 1, Outeiro do Corno e Pedra Bicuda do Loureiro en Teo e Pedra do Home en Val do Dubra.

A análise xeral do espazo físico do futuro parque incluíndo a información ecolóxica pertinente para a súa xestión (topografía, vexetación, augas, erosión, etc) forma parte dos traballos do plan no que tamén se recompilará, estudará e valorará a información dos petróglifos, avaliarase o seu estado de conservación e o seu medio.

Un plan de documentación e investigación, un plan de protección, conservación preventiva e mantemento e un plan de divulgación, comunicación e musealización constitúen os tres eixos do programa de actuacións do Plan Director.

O consello asesor do proxecto, está integrado por representantes técnicos da Dirección Xeral de Patrimonio, Deputación da Coruña (arquitecto), Universidade de Santiago de Compostela (USC), Instituto de Ciencias do Patrimonio (INCIPIT), Asociación A Rula e tres arqueólogos municipais.

Vídeo

Na xuntanza, presentouse o video que promocionará o patrimonio rupestre do territorio do parque, un relato narrativo que enlaza a forza patrimonial cos catro elementos naturais e coa conexión coa súa longa historia.

 

Share.

Comments are closed.

Uso de cookies

Este sitio web utiliza cookies para que usted tenga la mejor experiencia de usuario. Si continúa navegando está dando su consentimiento para la aceptación de las mencionadas cookies y la aceptación de nuestra política de cookies, pinche el enlace para mayor información.plugin cookies

ACEPTAR
Aviso de cookies