займ срочно

Como cada agosto Teo lembra a Ánxel Casal e Pousa Antelo

0

Teo, 17 de agosto do 2018 – Un 19 de agosto máis, o Concello de Teo lembrará a Ánxel Casal e a todas as persoas represaliadas en Teo no mesmo día do mes de agosto no que o seu corpo foi paseado no ano 36.

 Nesta edición, os actos céntranse no acto institucional de homenaxe a Ánxel Casal, que se celebrará ás 20.00 horas na Estivada da Ribeira en Cacheiras e na posterior ofrenda floral no monólito de Ánxel Casal, situado no mesmo lugar. No acto de homenaxe estarán representados os concellos de Arzúa, A Coruña, Santiago de Compostela e Teo, así como a Asociación A Oliveira, precursora desta homenaxe. Realizará o acompañamento musical a este acto o grupo teense Aldomir da A.C. A Mámoa de Luou.

Con esta serie de actos o Concello de Teo e a Asociación A Oliveira tratan de manter vivo o recoñecemento a Ánxel Casal (A Coruña 1895-Cacheiras 1936), quen destacou polo seu labor como editor e político. Foi o  último alcalde republicano da cidade de Santiago e militou no Partido Galeguista dende a súa creación. Tras o triunfo do levantamento do 18 de 1936 de xullo foi detido e paseado o 19 de agosto. O seu corpo apareceu  ao carón da estrada en Cacheiras, onde hoxe un monólito lembra a súa memoria.

Homenaxe a Avelino Pousa Antelo

O luns 20 de agosto ás doce da mañá na Casa do Concello de Teo ( A Coruña) terá lugar o acto de homenaxe a Avelino Pousa Antelo, fillo predilecto do Concello de Teo, no VI aniversario do seu pasamento.

Despois da benvida institucional do concello falará Alfonso Blanco Torrado, presidente da irmandade avelino pousa antelo. A continuación darase lectura a acta de concesión do VII caxato Avelino Pousa Antelo que este ano recaeu no profesor Antón Costa Rico que tamén dirá unhas palabras.

Despois dos actos no concello haberá unha ofrenda floral  no paseo Avelino Pousa na urbanización Os Verxeis. Intervirá Baldomero Iglesias (Mero) no nome da irmandade Avelino Pousa e familia do propio Avelino Pousa.

Share.

Comments are closed.

Uso de cookies

Este sitio web utiliza cookies para que usted tenga la mejor experiencia de usuario. Si continúa navegando está dando su consentimiento para la aceptación de las mencionadas cookies y la aceptación de nuestra política de cookies, pinche el enlace para mayor información.plugin cookies

ACEPTAR
Aviso de cookies