Skip to content
Lindeiros

Lindeiros

Lindeiros, o xornal da bisbarra de Compostela e da súa capital,

PUBLI bng 25 XULLO
Primary Menu
  • Xeral
  • Axenda
  • Concellos
  • Contacta
  • Axenda
  • Entroido
  • Teo
  • Xeral

Teo vive xa o Entroido máis tradicional

Despois do de Rarís abrira o Entroido coas comparsas, xenerais e correos o concello de Teo preparase xa para esta fin de semana.
Imprimir

Bisbarra, 9 de febreiro do 2023 – Despois de que o pasado día cinco a parroquia de Rarís abrira o Entroido coas comparsas, xenerais e correos o concello preparase xa para esta fin de semana.

As comisións das distintas parroquias traballaron para conseguir que este ano, por fin, volvera o Entroido máis tradicional a Teo. A seguinte cita será en Reis tanto o sábado 11 como o domingo 12. Ademais o domingo, ao redor das 18:00 horas, haberá un pasarrúas en Pontevea cun entroido convidado, o Entroido dos Cobres de Vilaboa do Morrazo. E haberá atranque nas dúas xornadas, sobre as 19:30 horas no campo da festa da parroquia.

A vindeira semana será xa a quenda de Santa María de Teo, o día 18. Logo de andar pola parroquia os xenerais farán o atranque na campo da festa a partir das 20:00 horas.

Festa de interese turístico

O entroido dos Xenerais da Ulla foi declarada festa de Interese Turístico de Galicia no ano 2013, e os Concellos de A Estrada, Boqueixón, Santiago, Silleda, Teo, Touro, Vedra e Vila de Cruces colaboran conxuntamente na revitalización e promoción deste evento. Mais o mérito principal do mantemento desta tradición é das asociacións e comisións das parroquias, que son os principais impulsores e dinamizadores desta celebración.

O Entroido dos Xenerais da Ulla remonta as súas orixes á primeira metade do século XIX e baséase nos enfrontamentos bélicos que se viviron na comarca nese período: a invasión do exército napoleónico, a revolución do 1846 ou as guerras carlistas.

Os oito concellos nos que se celebra o Entroido traballan conxuntamente na revitalización e promoción desta festividade dende o 2011.

Tedes todas as datas de todos os concellos en https://xeneraisdaulla.gal/

Post navigation

Previous: Seguen os problemas no transporte escolar de Teo
Next: O icónico mito do deportivismo, Fran González, padriño da XI Gala do Deporte de Negreira

Máis novas

Un momento do último Consello de Goberno da USC
5 minutes read
  • Xeral

A convivencia interxeneracional un dos eixos do plan de vivenda de estudantes da USC

José Antonio Domené solista na entrega do Portus Apostoli no Harp Fest de Noia
5 minutes read
  • Xeral

O arpista José Antonio Domené súmase ao Noia Harp Fest

Unha imaxe da última edición do WOS Festival
3 minutes read
  • Xeral

Primeiras confirmacións no WOS Festival 2026

Vehículos de emerxencias nunha intervención
2 minutes read
  • Teo

Teo homologa o Plan de Emerxencias Municipal

Imaxe da Ponte Maceira nas Noites en Vela nuha edición pasada
3 minutes read
  • Xeral

Hoxe chegan as Noites en Vela de Ponte Maceira

Imaxe aérea de Bertamiráns, imaxe de Google Maps
2 minutes read
  • Ames

Alertan da inseguridade en Bertamiráns, Ames

O desenvolvemento de novos fármacos é un proceso longo e complexo. A galega Celtarys, radicada en Compostela, ven de presentar unha tecnoloxía que reduciría o tempo necesario, substituíndo sustancias radioactivas por solucións máis accesibles, sustentables e utilizables en calquera laboratorio.
4 minutes read
  • Xeral

A galega Celtarys desenvolve unha nova tecnoloxía para a validación de fármacos sen radiación

Cartel do festival Lanzadeira 2026
4 minutes read
  • Compostela

Maneiro artista invitado este sábado no Festival Lanzadeira

Etiquetas

25N (53) alcaldes (78) asociacións e fundacións (2082) Ciencia (115) Comercio e empresa (662) Coronavirus (278) Crechas (38) Cultura (2774) Curtocircuito (40) Deportes (749) Economía (449) Educación (771) eleccions (44) Emprego (241) Entroido (42) Festas e Feiras (613) Festivais (835) Galego (143) Institucións (1429) lixo (88) Mancomunidade de Ordes (45) Mandingo (92) Medio Ambiente (1617) muller (187) Nadal (200) Obradoiro Cab (79) o máis lido da semana (55) Patrimonio (812) Plataforma Casalonga limpa de residuos (81) Plataforma Veciñal Mina Touro O Pino NON (42) Plenos (728) Politica (942) saúde (528) Servizos (2674) sindicatos (109) Social (552) sucesos (129) Tabernalia (184) Tecnoloxía (46) Transporte e estradas (692) Turismo (222) Universidade (581) urbanismo (260) xuntas de goberno (37) Xustiza (120)
  • Facebook
  • X
  • Instagram
  • BSky
  • Youtube
  • Whatsapp
Copyright © 2026 All rights reserved. | MoreNews by AF themes.

We use our own and third-party cookies to ensure the website works properly, measure usage, and improve our services. You can accept all cookies, reject non-essential cookies, or configure your preferences. Cookie policy

Configure cookies

Required for the website to work correctly. They cannot be disabled from this panel.

Help measure site usage and improve its content.

Allow advertising, campaign measurement, or ad personalization.

Store preferences or enable non-essential external content.