займ срочно

Teo conmemora o 175 aniversario da Batalla de Cacheiras

0

Teo, 14 de abril do 2021 – A Reitoral de Bamonde, en Teo, acollerá un acto, o venres 23, en conmemoración do 175 aniversario da Batalla de Cacheiras.

O departamento de Turismo de Teo presentará no evento as visitas teatralizadas da Ruta da Batalla a cargo da compañía Quinquilláns. uns roteiros que está previsto que se poñan en marcha este verán.

O acto dará comezo as 19:00 horas e intervirán Pablo Sanmartín, responsable do arquivo municipal; Guillermo González Raviña, profesor e investigador e Xosé Mª. Lema Suárez, profesor e historiador. “Trátase de veciños do Concello que son grandísimos coñecedores deste capítulo da historia de Teo e de Galicia e que nos achegarán xenerosamente parte desa sabiduría” explica María López, concelleira de Turismo.

O acto será no espazo exterior da Reitoral de Bamonde e, para non exceder o aforo, hai que inscribirse no correo electrónico turismo@teo.gal , indicando os datos das persoas asistentes ademais dun número de teléfono de contacto.

Este será ademais o primeiro acto público nun espazo que era de xestión privada e que agora mesmo está cedida ao Concello por 35 anos. O convenio entre Concello e Igrexa, asinado a finais de do 2018, permitiu a recuperación para uso público de tres espazos fundamentais de tres parroquias: a reitoral de Bamonde, a Horta do cura en Luou e a finca da Tomada en Calo.

Dende a Reitoral de Bamonde sae unha das Rutas turísticas máis destacadas do Concello que remata en Montouto e lembra a Batalla do 1846 na que se enfrontaron as tropas sublevadas do coronel Miguel Solís e as tropas enviadas dende Madrid dirixidas polo xeneral Gutiérrez de la Concha, que precisamente durmiran en Bamonde. No ano 1846 Montouto foi escenario dunha batalla que mudou Galicia. Foi o penúltimo capítulo dun movemento liberal, galeguista, provincialista, progresista e ata idealista e romántico que, a pesar da derrota, achegou a Galicia á modernidade.

Dende Turismo están deseñando un acto que terá continuidade este verán xa que Os quinquilláns ofrecerán un adianto dos roteiros dramatizados sobre a Batalla de Cacheiras que se farán nas fins de semana dos meses de xullo, agosto e setembro. A proposta será unha ruta dende Bamonde ata o miradoiro de Montouto con case 9 quilómetros de percorrido. Faranse varias paradas nas que debullarán parte deste acontecemento histórico. A previsión é que estes rutas dramatizadas se realicen os sábados de xullo e agosto pola mañá e os domingos de setembro tamén en horario de mañá. Para anotarse abrirase a inscrición no mes de xuño.

Share.

Comments are closed.

Uso de cookies

Este sitio web utiliza cookies para que usted tenga la mejor experiencia de usuario. Si continúa navegando está dando su consentimiento para la aceptación de las mencionadas cookies y la aceptación de nuestra política de cookies, pinche el enlace para mayor información.plugin cookies

ACEPTAR
Aviso de cookies